Ribadeo, 18 de xuño de 2014. Máis de 20 hectáreas de superficie se viron xa afectadas polo incendio que se declaraba este martes á tarde en Noceda, na parroquia da Devesa. Segundo o alcalde, Fernando Suárez, todo apunta a que foi intencionado ao igual que o que se rexistraba en Ove.
O rexedor contou que “esta pasada noite foi complicada en Ribadeo por mor de dous lumes: o primeiro empezou nos montes da Devesa arredor das oito da tarde, pero cando todos os medios estaban por alí tivemos outro incendio, neste caso moito máis pequeno, en Ove. Desde logo a min non me coce xa esta situación, pois sempre que hai vento seco acaba habendo conatos de incendio, que non van a máis, como no caso de Ove, pero que no de Noceda é complicado e neste momento aínda seguen as labores de extinción do incendio e continuarán durante todo o día a pesar de hai hidroavións e outros medios”.
Fernando Suárez dixo que “a superficie queimada en Ove foi aproximadamente dunha hectárea, pero en Noceda neste momento xa van queimadas polos menos 20 hectáreas”.
O alcalde de Ribadeo engadiu: “supoño que alguén estará investigando estas circunstancias que a min preocúpanme e que desde logo eu non vexo fortuítas nin moito menos. Non teño ningunha proba para por enriba da mesa, pero desde logo o coñecemento empírico e a tradición que se dá aquí en Ribadeo, sobre todo nunha parroquia concreta, dáme que pensar. E eu espero que quen ten responsabilidade nisto vaia estreitando o cerco”.
O rexedor quixo “darlle os parabéns a todos os que estiveron traballando durante todas estas horas: ao persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, tamén ao persoal do Concello, á Policía Local, a Protección Civil, á Garda Civil, que estiveron durante toda a noite dando o mellor de si e con todos os medios que temos dispoñibles; concretamente o Concello de Ribadeo participou cos tres vehículos municipais que temos para isto. Esperemos que isto sexa unha mala pasada e que dentro de pouco tempo estea todo absolutamente controlado”.
Arestora o lume de Noceda segue activo. Os hidroavións volverán a actuar nas próximas horas.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



