19-06-2014.- No día da coroación de Felipe VI, para Espazo Ecosocialista é un despropósito dar continuidade á restauración borbónica ideada por Franco, e se demostra a influencia que aínda ten a ditadura franquista na actualidade.
Por moito que se queira “maquillar”, o rei Felipe VI non conta co apoio da cidadanía á que di representar, e foi proclamado rei só co apoio das “vellas institucións políticas partidistas”, PP e PSOE, que están tan cuestionadas como a monarquía. Por iso, Espazo non vai recoñecer como xefe do estado lexítimo ao novo rei ata que se consulte á cidadanía que forma de xefatura de estado quere. “Só o imperativo legal imposto polos partidos do “réxime” PP-PSOE obrigaranos a facelo, pero non deixaremos de esixir dar a palabra á cidadanía galega para que decida sobre ésto e sobre a súa condición de nación”, sinala a formación ecosocialista.
“Non tiñamos dúbida, pero o novo rei deixou claro no seu discurso que para el España é un país e unha nación. Tamén o discurso tivo menciones retóricas sobre a difícil situación económica e de crise que se está padecendo”, afirman desde Espazo, que tamén “queren informar ao novo rei que Galicia é unha nación que ten que decidir que espazo quere ter, ou non, nese estado, e que na saída social da crise pola que loitamos, só lle pedimos que non moleste, xa que non quere axudar”.
Ante o desinterese en escoitar a reclamación de máis democracia por parte das institucións “cómplices” en manter leste “tardo franquismo borbónico” falsamente constitucional, desde Espazo anímase á cidadanía galega a facerse oir esta tarde participando masivamente nas manifestacións convocadas por toda Galicia para defender o dereito a ser consultada.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



