Foz, 20 de xuño de 2014. Todo está listo en Foz para a celebración da Festa Vintage anos 20 que terá lugar os días 27 e 28 de xuño. O evento está organizado pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.
As persoas que acudan á festa vintage irán caracterizadas con traxes desa época, dos anos 20 do século pasado. “Gertrudis, a nosa embaixadora, dinos que no caso das mulleres o que se levaba nesa época eran os vestidos soltos, os accesorios recargados, os colares de perlas e todo cheo de plumas e abelorios. E os home ían de esmoquin, de traxes lisos ou de raias, chisteras, garabatas, lazos, zapatos bicolor… foron anos cheos de gánsters”, explican desde a directiva de ACIA Foz. Dúas perruquerías farán peiteados vintage. O día 27 será Peluquería Varela e o 27 e o 28 será Peluquería Ramoné.
A hostalería ofrecerá menús e pinchos vintage. O prezo do menú será de 108,300 perras gordas. Está composto dun prato, viño e postre. Os locais que participan na cita son: A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar 78, Bar A Bolera, Bar Acuario, Cafetería Express, Cafetería Happy Days, Cafetería Marexada, Cafetería Mayros, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Mesón O Tangarte, Náutico Centro Social, O Muelle Bar, Pizzería Soalta, Pizzería Xoiña, Restaurante As Brasas de Foz, Restaurante Costumes do mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Carro, Restaurante O Lar e Restaurante Tangarte Mariñeiro.
Coma nos anos 20 non había IVA varios establecementos comerciantes descontaránllelo IVA aos seus clientes os días 27 e 28. Trátase de: Arrullos, Decoraciones Pura, Electricidad Núñez, Ginzo Hombre-Mujer, La Flor Abulense, María Docampo, PI R, Saint Tropez, Seguros Mapfre, Suministros Veipa e Zapatería Chinela.
Na Festa Vintage de Foz haberá música na rúa e tamén rastrillos benéficos na praza Conde Fontao da Protectora de Animais de Foz e do Banco de Alimentos e do CD Foz, pero neste último caso terá por escenario o campo de fútbol.
Desde ACIA Foz convidan “a todos os que queiran pasar unha fin de semana diferente e divertida a achegarse á nova vila e converterse en cidadáns dos anos 20”.
Taller gastronómico
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos lembra que mañá, sábado, terá lugar na praza do Conde Fontao de 18 a 21 horas o taller gastronómico Á beira do mar, no que participarán os cociñeiros Suso Liste e Lucas Requeijo.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



