CADERNOS DA VIAXE. A proclamación de Felipe de Borbón como novo Xefe de Estado non foi quén de transmitir ningunha caste de pulo renovador ou transformador, senón pura continuidade, cando non continuismo. O proceso da abdicación, activado pola decisión súpeta do seu pai, o rei dimisionario, non deu enchido de monárquicos nin as rúas do traxecto real nin a propria Praza de Oriente, malia o carácter feirado do día na capital do Estado. O comezo do reinado de Felipe VI, por outra banda, veu sinalado por decisións de excepcionalidade (prohibición de concentracións, prohibición do uso da bandeira republicana) abertamente inconstitucionais.
Poucas veces coma nesta fomos quen de albiscar o poder real de determinadas elites, hoxe vencelladas ás empresas do IBEX 35 e, por vez primeira, á propiedade dos principais grupos mediáticos madrileños e das principais TV privadas estatais. Porque é evidente que foi Rajoy e non Felipe VI quen marcou os contidos da mensaxe real e os tempos dos actos de proclamación. Mais Rajoy, canda Rubalcaba, actuou como intérprete do Sanedrín que axiña enfriou a pulsión de cambio que latexaba e mesmo latexa en sectores importantes da base social do PP e do PSOE. As elites financeiras e mediáticas madrileñas queren, como moito, moi pequenos retoques. Mesmo até semellan refugar de reformas lampedusianas. Por eles non haberá nin reformas institucionais cosméticas.
Deste xeito, o Xefe do Estado introduciu tres agradecementos en galego, catalán e euskera, cousa que nunca foi quén de facer o seu pai. Mais introducíunos ao fío das ideas de “unidade e non uniformidade” e “linguas rexionais que son unha riqueza para todos”. Ideas que pertencen á realidade da España preconstitucional e que son impropias para definir a percepción dun Xefe de Estado da nosa xeración a respecto das nacionalidades.
Como tamén foi impropia a apelación á súa xeración-que tamén é a miña- para reactivar un suposto rexeneracionismo que non se albiscou noutras partes da mensaxe real, fóra de xenéricas apelacións á honestidade.
Máis do mesmo. Iso si, contado dende a máis absoluta unanimidade dos grandes “media” madrileños. Dende hai algúns meses, noutros casos xa anos, directamente controlados polas elites financeiras da España cañí.
Xoán Antón Pérez-Lema


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



