Lourenzá, 23 de xuño de 2014.- A sección de ciclismo das escolas deportivas municipais de Lourenzá organiza un bici tapeo dentro das actividades da xornada Todos cara a Tovar, que se desenvolverá este domingo día 29 no Pazo de Tovar.
O secretario da sección de ciclismo das escolas deportivas, Francisco Álvarez, explicou que “será unha ruta polo val de Lourenzá, saíndo dende o castelo de Tovar e volvendo ao mesmo. É adaptada para todos os públicos, polo que poden vir nenos, pois é de dificultade moi baixa. E durante o percorrido vamos parar en tres cafeterías e cervexarías para facer un tapeo en cada unha delas”.
Francisco Álvarez engadiu que “hoxe é o último día de prazo para inscribirse e xa temos unhas 30 persoas apuntadas, polo que cremos que vai haber bastante xente”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



