Mondoñedo, 26 de xuño de 2014.- O Partido Popular de Mondoñedo rexistrará unha pregunta para a súa resposta na próxima sesión plenaria local na que se interesa polos avances realizados en torno ao desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal da localidade.
Os populares trasladarán esta iniciativa preocupados pola ausencia de movementos en relación á tramitación do PXOM, tralo peche da presentación de alegacións fai entorno a cinco meses, o 27 de xaneiro de 2014.
Dende o Partido Popular de Mondoñedo lembran o elevado número de alegacións rexistradas, -238 alegacións máis 10 manifestacións de apoio á corrección de deficiencias-, e que demostran que son moitos os veciños que atopan desconformidades cun documento que marca o futuro da localidade.
Os populares xa daquela pediron un estudo rigoroso das reclamacións presentadas por máis de 300 veciños, -un número de afectados que se multiplica ao contabilizar as persoas representadas a través de asociacións e empresas-; e a día de hoxe ao Partido Popular de Mondoñedo non lles constan avances na súa tramitación, pese a estarse a falar dun plan crucial para a localidade.
Perda de postos de traballo
Os populares amosan a súa inseguridade ao denotar a ausencia de traballo e en concreto, destacan a súa fonda preocupación ante as alegacións presentadas polas empresas, xa que de aprobarse así o plan, poderíase falar da perda de postos de traballo na localidade.
Os populares lembran outras alegacións como a actualización do PXOM á nova realidade existente despois das concentracións parcelarias ou inclusive ao deslinde, aprobado polo actual equipo de goberno, co Concello da Pastoriza; así como a necesidade de revisar as superficies destinadas a espazos verdes e zonas libres caracterizadas por unha clara desproporción dos metros cadrados esixidos por lei.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



