Un total de 28 alumnos de 1º de Bacharelato do IES Perdouro de Burlea desfrutaron dunha viaxe cultural de fin de curso Foi unha ruta de 5 días por Portugal (do 17 ao 22 de xuño) para coñecer a cidade de O Porto, Nazaré, Cascais e a capital portuguesa. Foron acompañados por Toni Galdo, o seu profesor de inglés, e pola Vicedirectora do centro, Karina Parga.
Primeira parada no Porto. Os rapaces descobriron a cidade patrimonio da humanidade asi como os lugares de interese máis chamativos: a fabulosa librería Lello, a Sé catedral, a Torre dos Clérigos, a avenida dos Aliados, o mercado de Bolhão, o Café Majestic, a estación S. Bento, o palacio da bolsa, a ribeira, e o mirador do Morro.
Houbo unha parada no camiño de traslado a Lisboa en Nazaré. Foi un dos momentos onde a rapazada puido gozar do sol e dos xogos na praia.
En Lisboa, o grupo puido visitar o mosteiro dos Xerónimos asi como a Torre de Belén. (S. XVI). Tamén dende aí sacaron fotos do monumento aos descobrimentos e da ponte do 25 de abril. No parque das nacións, a expedición viu o Oceanario de Lisboa considerado o segundo acuario máis grande de Europa. Unha monitora lles explicou as características moi peculiares do acuario situado no estuario do río Teixo de auga doce e con máis de 15.000 especies de plantas e animais. Tamén foron testemuñas da gran obra de ingeñería portuguesa, a Ponte Vasco de Gama (cuns 17 km de lonxitude). Para desprazarse ata o centro histórico da capital portuguesa, a comitiva empregou o metro lisboeta. Empezaron o percorrido pola praza do comercio, a baixa, o elevador de Santa Justa, a praza do Rossio, Chiado, as ruinas do Carmo, a praza da figueira, a casa dos bicos, a Sé Catedral, o mirador de Santa Luzia, e o castelo de San Xorxe.
Tamén viaxaron ata Cascais para coñecer unhas das cidades balnearias máis recoñecidas de Portugal e pegarse un chapuzón despois de contemplar a fantástica Boca do Inferno (vertixinoso acantilado onde rompen as ondas do mar).
Unha viaxe chea de probas gastronómicas e de boas lembranzas! Para repetir!




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



