Begoña Fachal Bugarín, Uxía Yáñez Ramil, Xabier Mazaira López e Laura López Galdo foron os 4 alumnos de 2º de Bacharelato do IES Perdouro de Burela que superaron a media dun nove nas probas de acceso á universidade deste ano. Os futuros universitarios recolleron nun acto celebrado en Santiago o pasado 1 de xullo o diploma acreditativo do froito do seu esforzo nos estudos.
Mediante este acto de recoñecemento a Universidade de Santiago felicitou aqueles estudantes galegos que acadaron a puntuación de nove ou superior na cualificación da Proba de Acceso á Universidade. Entre os 434 alumnos de 2º de Bacharelato de toda Galicia coa mellor nota, 4 eran do IES Perdouro de Burela.
O director do centro, Santiago Pérez, comprácese deste recoñecemento ao que se suma toda a comunidade educativa e atribuíu este éxito o esforzo do alumnado ao longo destes últimos dous anos e do bo facer do profesorado do centro.
“Estes alumnos merecen tamén o noso máis sincero recoñecemento que queremos transmitir a través desta nota de prensa sen esquecer o bo labor da comunidade educativa por lograr un ensino público de calidade”, manifestan dende o centro.
Dos 15 alumnos do IES Perdouro que se presentaron á PAU, houbo 100% de aprobados e 26,6% coa excelencia académica.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



