Lugo, 4 de xullo de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro animou este venres aos lucenses a acollerse ás axudas que a Xunta convocou para o remate de fachadas e rehabilitación de vivendas tanto unifamiliares como colectivas (comunidades de propietarios)
Máis en concreto, lembrou que a día de hoxe permanecen abertas as ordes de convocatoria específicas para subvencionar os gastos nos que se poida incorrer en tres ámbitos distintos: para a rehabilitación de fachadas de granito e de teitos e cubertas con tella cerámica ou lousa.
O parlamentario explica que as persoas interesadas deben realizar a correspondente solicitude de axudas antes de que remate o prazo a finais deste mes (31 de xullo). Alerta, en todo caso, que ao tratarse dunha convocatoria non competitiva, resulta importante facelo canto antes pois os apoios finalizan cando se esgoten os fondos económicos consignados que, de sumarse as tres convocatorias, superan os 600.000 euros (200.000 por cada unha delas)
Balseiro dixo tamén que a Xunta considera custos subvencionables, aqueles que sexan directamente imputables ás actuacións de rehabilitación de fachadas con granito, ou a reparación, substitución ou recuperación das cubertas das edificacións, entre outros: Custo dos informes técnicos, das memorias básicas ou proxectos de arquitectura ou enxeñaría, custos de licenza, os de desmontaxe e os de compra dos propios materiais, custos de man de obra e do imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación
MELLORA ENERXÉTICA E VISUAL
Balseiro sinala que o Goberno galego aposta por estas actuacións consciente de que levan aparelladas múltiples vantaxes, como a mellora do aforro e a eficiencia enerxética, a través da redución da demanda en calefacción ou refrixeración dos edificios de vivenda existentes.
Ademais tanto o granito, como a lousa ou a tella cerámica son produtos propios do país, o que contribúe ao fortalecemento desta industria e dos seus empregos asociados. Un sector que traballa creando materiais excepcionais pola súa durabilidade, resistencia mecánica, resistencia ao desgaste ou incombustibilidade.
A todos estes factores hai que engadir o seu valor estético para o seu uso como materiais de revestimento. Tanto o granito, como a lousa e a tella cerámica son ideais para incorporar en pequenas edificacións, moitas delas situadas nos cascos antigos das vilas e en zonas rurais, contribuíndo a embelecer o tecido construtivo galego cun material de fácil colocación e respectuoso co ambiente.
AMPLIAR INFORMACIÓN
Sobre este procedemento administrativo, poden obter información adicional na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, na web oficial da consellería de Economía e Industria: http://economiaeindustria.xunta.es ou na Delegación provincial da Xunta.






















A semifinal do Mundial poderá seguirse este martes ás 21.00 horas na Praza Maior.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro Adrián Arias non quixeron perderse a cita e foron os encargados de facer entrega dos premios ás persoas gañadoras, felicitando a todos os participantes polo seu esforzo e polo gran nivel demostrado durante a competición. Desde o Concello de Cervo expresaron o agradecemento á Asociación Cabaleiros da Bidueira polo excelente traballo de organización, así como a todas as persoas colaboradoras, participantes e público asistente que fixeron posible o éxito desta terceira edición.
Polos micrófonos pasaron entre outras as concelleiras de Cultura e Turismo: Begoña Sanjurjo e Marta Saíz; o alcalde, Dani Vega; a pdta de Acisa, Carmen Cruzado; a dtra da Coral Polifónica de Ribadeo, Mari Carmen Rdez Cancelo; a pregoeira, María Xosé Porteiro ou Ángel Terry, membro do afamado grupo de son cubano, Estrellas de Buena Vista y más que foron os encargados de pechar o evento na xornada do domingo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
María José Gómez, participou este sábado nos actos de celebración do XI Ribadeo Indiano.
Con este xesto, o Concello quere expresar o seu máis fondo pesar e trasladar toda a súa solidariedade e apoio ás familias das vítimas, ás persoas afectadas e a toda a veciñanza, compartindo a dor por esta inmensa traxedia.
No acto, desenvolvido no Teatro, interviñeron o alcalde, Dani Vega, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. O Coro Sagrado Corazón puxo a nota musical a esta primeira cita deste evento histórico cultural. A continuación foi a baixada ao peirao na compaña do enxebre cuarteto Illa Pancha e xa en Porcillán tivo lugar a chegada dos indianos a cargo do prestixioso Grupo de Teatro de Ribadeo. Gallaeia Small Band e Septeto To’ Mezclao amenizaron o peirao e o Campo de Francisco esta primeira xornada do Ribadeo Indiano 2026. 



