San Cibrao, 4 de xullo de 2014. A partir de este venres 4 de xullo todas e todos os que se acheguen ao Museo do Mar de San Cibrao, dependente da Rede Museística Provincial, poderán contemplar a exposición “Nunca Máis, a rebelión dun pobo”, mostra fotográfica que pretende chamar a atención sobre todo o que supuxo, dende o eido social e cultural, e incluso económico, o Movemento Nunca Máis, consecuencia do embarracamento nas costas galegas con 77 mil toneladas de fuel do petroleiro Prestige aquel 13 de novembro de 2002.
O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, que estivo acompañado por representantes Confirmaron asistencia representantes das asociacións promotoras como a AA.CC. Francisco Lanza de Ribadeo, Seminario de Estudos Terra de Viveiro, ou AA.CC Penalba de Celeiro, foi o encargado de inaugurar esta mostra itinerante, comisariada por Uxío Breogán, que xa estivera a disposición do público no Museo de Lugo en decembro do pasado ano.
‘Nunca Máis, a rebelión dun pobo’, en palabras de Veiga, “representa a dignidade que os galegos e as galegas demostraron naqueles días de confusión e desesperación ante unha traxedia que se converteu en catástrofe grazas á despreocupación e á ineficiente xestión dun Goberno que deixou só e desprotexido a todo un pobo. Coa acción reivindicativa de Nunca Máis, mostrouse o orgullo de ser galego ou galega, o orgullo de pertencer a un pobo que defende e protexe o seu. Nunca Máis foi a chispa dun dos movementos sociais e culturais máis importantes do país durante os últimos cen anos”.
“A arte – continuou o vicepresidente- é a expresión do que acontece e sinte unha sociedade e por iso, ao redor de Nunca Máis xerouse todo un movemento cultural do cal forma parte esta exposición. Os artistas tomaron o pulso do país nun momento de tristeza e pesadume do que naceron importantes obras no eido da escrita, das artes plásticas e da música. A cultura galega de principios do século XXI xa non se pode explicar sen facer referencia ao afundimento do Prestige, á catástrofe que provocou, e á marea humana que ao seu carón xurdiu e que se plasmou en todas as ramas da cultura”.
A este respecto, o vicepresidente da Deputación tamén destacou que “non só os artistas galegos deron conta do que viviu Galiza neses días, tamén artistas do resto do Estado e incluso da esfera internacional, como foron Pablo Milanés ou o portugués Fausto, recolleron nas súas creacións a traxedia; cada un ao seu xeito mostrou a súa solidariedade co pobo galego ao igual que o fixeron milleiros de cidadáns. Naqueles días, demostrouse como a solidariedade da senso ao concepto de cidadanía”.
Coa creación desta exposición, que durante os meses de verán itinerará por diversos concellos da comarca, no afán de que chegue ao maior número de mariñás e mariñáns, a Vicepresidencia da Deputación pretende facer unha homenaxe a todo o pobo galego, a todos aqueles que se achegaron a Galiza para axudar, e ao traballo da Plataforma Nunca Máis.
Así, a mostra permanecerá no Museo do Mar ata o vindeiro 27 de xullo, aberto ao público de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e domingos e festivos de 11:00 a 14:00. Do 18 ao 31 de xullo estará no Conservatorio de Viveiro, e do 19 ao 31 de agosto na Oficina de Turismo de Ribadeo.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



