Lugo, 4 de xullo de 2014. A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno o procedemento administrativo para a adquisición en propiedade por parte da institución provincial da colección de ourivería castrexa de Álvaro Gil. As 40 pezas volverán ao Museo Provincial no mes de setembro, segundo anunciou este venres o responsable de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro.
O proceso administrativo iniciado hoxe estará rematado a finais de agosto e suporá un investimento de 2,3 millóns de euros a pagar en 5 anos para facerse coa propiedade deste importante tesouro arqueolóxico, composto por 40 pezas datadas entre o 1.800 a.C. e o 400 d.C., entre elas os Torques de Burela e Viveiro e o Carneiro Alado, emblemas durante 4 décadas da colección do Museo Provincial de Lugo e que saíran do Museo en outubro do ano pasado despois dunha sentenza xudicial do Tribunal Supremo que outorgaba a titularidade da colección á familia Álvaro Gil.
Co acordo da Xunta de Goberno de hoxe dáse un paso máis para lograr a volta das pechas ao Museo de Lugo despois de que o responsable da área de Cultura da Deputación conseguise un acordo coa familia e de que este fose ratificado no pleno da Deputación o pasado día 24 de xuño “coa abstención do PP, o que o sitúa na indefinición total neste asunto”, criticou hoxe Mario Outeiro na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.
Para o responsable de Cultura da institución provincial, a adquisición destas pezas por parte da Deputación é “unha magnífica noticia para a cidadanía lucense xa que recuperamos como patrimonio público para desfrute do pobo un destacado tesouro do patrimonio material galego” e destacou “a importancia a nivel cultural e turística destas pezas para a cidade de Lugo”.
Sinatura do contrato de compravenda a comezos de setembro
O regreso, de xeito definitivo, ao Museo Provincial das 40 pezas que forman esta importante colección de ourivería está previsto para antes de que remate o verán. Trátase torques, pulseiras, adornos de pelo e arracadas, fundamentalmente de ouro, para as que foi iniciado o trámite de declaración de Ben de Interese Cultural o 23 de outubro de 2013, un día antes do levantamento do seu depósito no Museo Provincial para evitar deste xeito que puideran ser vendidas ou sacadas do Estado español.
O prezo de adquisición quedou fixado na proposta feita pola Deputación aos herdeiros de Álvaro Gil baseada nun informe de valoración encargado a Eduardo Ramil Rego, taxador independente membro da Asociación de Peritos Xudiciais e especializado en Arqueoloxía e Antigüidades e que estableceu o prezo da totalidade da colección en 2.346.200 euros, moi por debaixo dos case 5 millóns de euros que pedía a familia Álvaro Gil.
O acordo establece ademais que a colección completa será posta a disposición da Deputación Provincial nun prazo máximo de sete días desde a sinatura do contrato definitivo, pero que o pago desa cantidade económica faráse en 5 prazos en anualidades que van ata o 2018, a razón de 99.608 euros neste ano 2014, 656.648 euros en 2015, 633.284 euros en 2016, 606.364 euros en 2017 e 350.296 euros en 2018.
Asemade, a Deputación aboará as cantidades debidas en concepto de custas e gastos xudiciais derivados dos procedementos relacionados coa colección, tal como establecía a sentenza do Tribunal Supremo, ata unha cantidade máxima de 600.000 euros. A cambio, os herdeiros de Álvaro Gil renuncian a indemnización algunha por danos e prexuizos polos anos que a colección estivo depositada no Museo Provincial.
Homenaxe ás víctimas do franquismo o día 31 de xullo
A Xunta de Goberno da Deputación tamén acordou hoxe entregar a Placa de Honra da Provincia a Darío Rivas Cando, fillo do alcalde republicano de Castro de Rei fusilado polo réxime franquista, Severino Rivas Barja.
A entrega desta distinción terá lugar o día 31 de xullo nun acto solemne no Salón de Plenos da Deputación que servirá de “homenaxe a todas as víctimas do franquismo e a todos aqueles que traballan na recuperación da memoria histórica”, en palabras de Mario Outeiro, que definíu a Darío Rivas como “un loitador que traballou toda a súa vida por recuperar a honra e a memoria das víctimas do franquismo, facéndoo ademais dende o amor ao home e non dende o rancor”, destacou. Darío Rivas é tamén o “alma máter” da querela presentada en Arxentina polos crimes do franquismo.
Logo do acto solemne na Deputación, haberá tamén un xantar e unha homenaxe posterior organizada por distintas asociacións e colectivos de persoas que traballan no eido da recuperación da memoria histórica.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



