A primeira das actividades das Noites Alternativas de Cervo que tivo lugar dos días 8 ó 10 de xullo foi o Torneo de Fútbol Praia no que participaron unhas 120 persoas. finalmente, Los leones del fútbol fixéronse co campionato sub 10 por diante de Los Galácticos. Na categoría sub 12, Burela Team proclamouse campión e The Legends, subcampións. La naranja mecánica foron os campións sub 15 e La la la os subcampións; mentres que Jack Daniels gañaron a final sub 17 ante Pitufos. Entre os equipos sénior, Men in Black, proclamáronse campións do torneo e Mex XD, subcampións. A seguinte actividade das Noites Alternativas é o Torneo de Volei Praia os días 22 e 23 de xullo e a Noite do Patín o 24.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



