O xogador de San Pedro de Benquerencia criouse deportivamente nas Escolas Deportivas de Barreiros e nas da Mariña Oriental. Para mais tarde dar o salto ás categorías inferiores do CD Burela FS onde non pasou desapercibido. Borja foi convocado coa Selección Galega cadete e sub20 coas que se proclamou subcampeón e campeón de España, respectivamente.
En categoría sénior, Borja desenvolveu a maior parte da sua carreira enrolado nas filas do Concello de Trabada FS, en 1ª nacional B. E a sua última tempada en activo defendeu a camisola do Automoción La Junquera en 1ª A.
O barreirense, de 23 anos, non dubidou en volver á orixe para impulsar o proxecto deportivo do Praias de Barreiros. O directivo, Manuel Fuente foi o encargado de darlle a benvida ó club.