Ribadeo, 14 de xullo de 2014. Este martes 15 de xullo arrinca unha nova edición do programa Construíndo o verán, que organiza a Concellaría de Servizos Sociais. Preto dunha treintena de nenos e nenas e de rapaces e rapazas acudirán ás instalacións da escola de idiomas de luns s venres de 11:30 a 13:30 horas para recibir clases de reforzo escolar que serán impartidas por 7 voluntarias, ademáis de coñecer o medio sociocultural de Ribadeo dun xeito lúdico, mediante os obradoiros que realizarán xunto a persoal técnico municipal. Construíndo o verán rematará o vindeiro 22 de agosto cunha actividade sorpresa.
A concelleira Teresa González Piñeiroa explicou na presentación aos medios e ás familias que “non me canso de dar as grazas a estas sete mulleres voluntarias que van traballar con 26 nen@s e moz@s de luns a xoves a 11:30 a 13:30 horas. Os venres témolos dedicados aos obradoiros que impartirá o persoal técnico municipal, como a utilización de forma saudable e responsable das novas tecnoloxías e así evitar certas adicións; a igualdade; o medio ambiente; tentaremos facer un roteiro por Ribadeo recordando a tradición dos indianos; e outros que nos vaian saíndo”.
Construíndo o verán enmárcase dentro dun proxecto de redución do abandono escolar. A edil de Servizos Sociais dixo que “todos os días teremos media hora de lecer con xogos, imos tentar que interactúen entre eles porque estamos a falar dun alumnado moi diverso tanto nas idades (desde infantil ata segundo de Eso) como nas necesidades educativas especiais”.
González Piñeiroa pediu un compromiso ás familias para que os seus fillos e fillas asistan a este programa: “si algún día non poden asistir, queremos que nos avisedes. E que lles fagades ver que unha vez que estean con nós deben acatar as normas do voluntariado, que respecten o seu traballo e que o valoren. As voluntarias tentarán traballar non só a parte académica, senón tamén os valores e a educación emocional”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



