Cervo, 15 de xullo de 2014- O Concello de Cervo, a comisión de Festas do Carme e a hostalería de San Cibrao deron este martes a coñecer o cartel e a programación do II Mercado Pirata, que se vai celebrar os días 18, 19 e 20 de xullo dentro dos actos programados polas festas patronais da vila.
Un mercado que terá como punto central a praza dos Campos, onde se colocarán os postos de venda con produtos de todo tipo e ambientado na estética pirata. Pero ademais, o mercado terá un engadido lúdico, xa que ao longo dos tres días haberá animación, espectáculos para todos os públicos e queimada.
Da mesma maneira nesta ocasión, como novidade, vaise implicar á hostalería de San Cibrao xa que os bares e restaurantes prepararán “tapas pirata”, pratos especiais para esta cita e con temática pirata cos que pretenden ofrecer “máis opcións gastronómicas e de lecer aos veciños e visitantes que acudan ao mercado” tal e como explica o presidente da comisión e concelleiro, José Ramón Soto, que estivo na presentación xunto á tesoureira da comisión e edil, Pilar Armada, a secretaria, Dolores García Caramés e representantes dos bares e restaurantes.
Nesta ocasión ademais estanse vendendo camisetas conmemorativas do II Mercado Pirata coas que colaborar coa comisión no financiamento das festas, e que estarán dispoñibles nos diferentes actos, no mercado e nos bares e restaurantes que participan.
Un mercado que se inaugurará o venres 18 ás 20 horas e que permanecerá aberto ata as 23 h. mentres os días 19 e 20 o horario de apertura será de 11 a 14 e de 17 a 23 h.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



