Cervo, 16 de xullo de 2014- O Concello de Cervo deu este mércores a coñecer o cartel e o programa do II Torneo de Pádel, unha competición que terá lugar entre os días 25 e 27 de xullo na pista do polígono de Cuíña. Esta actividade está organizada pola administración cervense a iniciativa dun grupo de afeccionados a esta disciplina que participaron na presentación xunto ao alcalde, Alfonso Villares e o edil de Deportes, Luis Guillén.
O torneo está aberto á participación de parellas ata un límite de 24. Para iso hai que inscribirse chamando ao 655 91 02 32 ata o 19 de xullo. O sorteo dos enfrontamentos será o día 21, nun acto público ao que poderán acudir os participantes no torneo. Desa maneira quedará fixado o calendario dos partidos. O último día da competición coincidirá tamén coa entrega de premios e trofeos. Polo momento xa son máis de 15 as parellas inscritas, polo que aínda quedan prazas libres para participar.
Un torneo co que o Concello quere “seguir promocionando o pádel como unha opción deportiva, dándolle visibilidade e incentivando a súa practica” asegura o edil de Deportes. Da mesma maneira Guillén tamén destaca as posibilidades deste torneo “que fai posible que decenas de persoas practiquen o pádel dende o punto de vista máis competitivo, e que enriquece o xogo ao permitir aos participantes compartir o deporte con outras persoas”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
