Ribadeo, 23 de xullo de 2014.- A Universidade de Santiago contará no vindeiro curso con 48 titulacións, 59 másteres oficiais e 54 programas de doutoramento. Deles, 33 grados e 15 másteres serán impartidos no Campus de Lugo. Así o anunciou o Vicerreitor de Coordinación do campus lucense, Javier Bueno, esta mañá na Casa do Concello ribadense. Bueno afirmou que “actualmente temos na USC uns 600 estudantes chegados da Mariña e 300 do Occidente Asturiano”. Uns datos que dende a Universidade de Santiago esperan que vaian en aumento grazas ao desconto que a Deputación pon en marcha este curso. Segundo avanzou Álvaro Santos, responsable de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación de Lugo, “este ano vamos a levar a cabo un desconto do 50 por cento na matrícula a todo o alumnado que se matricule por primeira vez en sete grados: enxeñería en procesos químicos e industriais, enxeñería civil, enxeñería en xeomática e topografía, enxeñería agrícola e agroalimentaria, enxeñería forestal, lingua e literaturas españolas e ciencias da cultura”.
A alcaldesa en funcións de Ribadeo, Mari Luz Álvarez Lastra, destacou que “dende o concello colaboramos en diferentes ámbitos coa USC e contamos cunha moi boa coordinación con eles. Incluso, máis directamente co Campus de Lugo polos cursos de verán que facemos ao longo destes últimos anos. Por iso estamos encantados con que contasen con nós para presentar en Ribadeo a súa oferta educativa. É moi importante que dende os concellos demos apoio á universidade difundindo a súa oferta educativa e as súas titulacións.” A edil en funcións engadiu que “queremos valorar a aposta que a Deputación Provincial leva a cabo en distintas áreas, nas que tamén colabora o Concello de Ribadeo. Neste caso nunha moi boa iniciativa que é a aposta por un convenio para gratificar as matrículas no Campus de Lugo, nun momento no que as familias teñen dificultades económicas en nun momento no que puidemos ver que debido a modificación dos criterios para acceder as becas, ás veces é difícil chegar ás notas necesarias para poder acadalas. E tamén os retrasos que se estiveron dando no pago das mesmas ao longo destes dous últimos anos, que foron referencia moitas veces nos medios de comunicación. Entón creo que dende os poderes públicos debemos apostar por a axuda e o apoio para que ninguén que teña capacidade e intención para estudar teña que deixar de facelo. Os que somos titulados grazas a esas becas agradecémolo enormemente”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



