Lugo, 24 de xullo de 2014.- A Xunta de Galicia puxo en marcha este xoves un novo servizo de guías ambientais dentro do plan de actuación para a conservación da praia de As Catedrais.
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, indicou que dende as dez da mañá deste xoves están traballando na zona “os traballadores deste novo servizo, que se encargaran de atender na zona, dando información sobre o enclave e divulgando os valores medioambientais deste entorno”.
En quendas rotatorias, sempre estarán dispoñibles tres traballadores, que se encargarán das devanditas labores divulgativas e de conservación. Os técnicos traballarán durante a presente campaña de verán tódolos días, de luns a domingo, nun horario de 10.00 a 20.00 horas, segundo indicou a delegada territorial.
Entres as funcións básicas dos guías están: información de zonas de interese para os visitantes así como puntos que entrañen problemas para as persoas e dificultades pola degradación do ecosistema, explicación sobre os compoñentes xeolóxicos que conforman a praia e desenvolvemento de actuacións divulgativas no ámbito da educación ambiental con relación a este entorno. Así mesmo, os profesionais informarán sobre as mareas, cuestión particular nesta praia ao cubrir toda a area.
Arias explicou que “estas actuacións témolas que entender a medio prazo, xa que é preciso crear un plan de conservación que resolva as circunstancias especiais desta praia que se veñen repetindo nos últimos anos”.
Estas actuacións súmanse ao proxecto de reforzo dos paneis de advertencia, información e promoción, non só do monumento natural, senón de todos os valores desta costa. As xuntanzas técnicas para o desenvolvemento do plan de actuación da praia das Catedrais continuarán nos vindeiros días, coincidindo xa co inicio da instalación dos paneis, ao tempo que avanza a redacción do plan de conservación.
A Xunta leva a cabo unha actuación para a ordenación do uso público no monumento natural, que sexa compatible coa conservación dos seus valores ambientais e o aproveitamento sustentable do recurso turístico.
Tal e como recoñeceu a delegada, este plan ten dúas fases: a inmediata, na que se encadra a posta en marcha do servizo de guías, e outra a medio prazo, que consiste na redacción do Plan de Conservación do Monumento Natural das Catedrais. A este respecto, Arias concluíu que “esperamos ter un documento listo para a exposición pública este mesmo verán”. No seu conxunto, estas dúas medidas implican un investimento de 160.000 euros, que serán aportados polo Goberno galego.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



