O Grupo de Montaña do CDB Marqués de Casariego de Tapia organiza unha semana polos Pirineos entre o 2 e o 6 de agosto. Teñen prevista unha ruta polo pirineo aragonés situado a 1.300 metros de altitude que comezará á beira do embalse de Lanuza; pero tamén visitarán o refuxio de Respomuso (2.160m, España) ao sur do macizo de Balaitus (Lagos de Arriel), o refuxio de Arremoulit (2.305m, Francia) norte do macizo de Balaitus (Lago de Arrious) e ibones de Anayet desde Formigal coa ascensión ata o vértice de Anayet (2.559m). Tanto na vila de Sallent de Gállego, de 1.500 habitantes, coma nos seus arredores existen multitude de actividades e lugares que visitar como alternativa aos que non queiran camiñar. O prezo das actividades é de 430 euros ou 330 para os socios e 280 para os socios colaboradores. Os interesados poden inscribirse nos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 608 540 828 (Eva) e 659 000 707 (Javi) antes do luns 28 de xullo.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



