O Casino de Viveiro – Club Náutico cumpre 99 anos o vindeiro 1 de agosto e para festexalo haberá pinchos e torta da aniversario a partir das 19.00 horas, ademais da actuación de Tony Cazás e inchables para os nenos. Paralelamente, continuará aberta na sala de exposicións a mostra plástica de Luis Pachón ata o 7 de agosto; xa que o día 8 será inaugurada a mostra de Paco Ascón ás 20.30 horas. As obras do paisaxista que comezou as súas pegadas no eido da pintura na Coruña, permanecerán a disposición do público ata o xoves 21 de agosto en horario de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



