“O pleno celebrado este martes 29 de xullo en Burela mostrou ben ás claras quen leva a iniciativa na política local burelá, quen defende os sectores produtivos, quen mira cara o futuro da vila e quen segue totalmente varado no pasado, sen facer máis que botar balóns fóra continuamente para desvirtuar a realidade”, asegura o voceiro nacionalista de Burela, Mario Pillado.
Unha vez mais, a orde do día presentada polo goberno local para o pleno correspondente ó mes de Xullo non presentaba máis que temática xa valorada e debatida, meros trámites administrativos, mais nengunha iniciativa propia do equipo de goberno, que segue sen presentar proxectos de futuro para a vila de Burela. Volvéronse tratar temas, como a modificación da RPT e o contrato do Servizo de Axuda no fogar, xa tratados nos dous anteriores plenos ordinarios; aprobáronse meros trámites como a Conta Xeral de 2013, o regulamento acerca das parellas de feito ou a modificación do regulamento da Escola de Música, momento no cal o voceiro nacionalista, Mario Pillado aproveitou para recalcar que, a pesar de non poñer reparos a este regulamento, as taxas para este servizo municipal increméntanse sensiblemente para este curso, a pesar do que poda dicir o alcalde.
“Na práctica elimínanse certas exencións, como por exemplo para as unidades familiares con ingresos por debaixo do 100% do SMI e ós membros activos da banda, ou bonificacións coma do 25% ós empadroados en Burela ou do 20% para unidades familiares con ingresos do 100 ó 120% do SMI; algo que non pretende mais que aillar a Banda Municipal de Música e elitizar a formación musical en Burela” dixo Mario Pillado, moi contrariado pola súa ausencia no pleno extraordinario do pasado mércores, circunstancia da que responsabilizou á improvisación e falta de seriedade do equipo de goberno.
Noutra orde de cousas e volvendo ó xa debatido noutros plenos, someteuse tamén a votación a declaración do proxecto básico para a escola infantil de especial interese e utilidade municipal, que foi aprobado por unanimidade e por ser estas unhas condicións evidentes para tódolos veciños, pero no que o portavoz do BNG en Burela lle recordou ó alcalde que xa en Decembro de 2012 se acordara a firma dun convenio entre o consorcio galego de Benestar e o concello de Burela para a construción da escola infantil, nunhas condicións do menos vantaxosas para o concello burelao a ollos dos nacionalistas, e que ese mesmo acordo obrigaba a destinar uns 116.000 euros nos orzamentos de 2013 para tal fin, aínda que iso non se produciu. Este importe entraba dentro do 40% que lle correspondía o concello de burela aportar para a obra, mailos terreos, moito mais do que outros concellos conseguiron negociar para unha instalacións de similares características.
Aínda así ata Setembro de 2013 non se firmou tal convenio, mais isto non serviu para que nos orzamentos de 2014 se destinara cantidade nengunha para a escola infantil e é agora, cando vai rematando a lexislatura, cando ó alcalde lle entra a presa por comezar a obra, con miras totalmente electoralistas. Según Pillado, “a parte de non conseguir unhas mellores condicións de financiamento para esta obra, o concello paga polos terreos que estaba obrigado a aportar, incrementando así o coste e tendo en conta que durante dous anos nada fixo pola escola infantil, un dos seus proxectos estrela na anterior campaña electoral, pero que se quedou nunha simple promesa do PP, das que sabemos que nunca se cumplen”. Tamén lle estrana ó voceiro do BNG que Barcia saia na prensa dando datos da capacidade das salas da futura escola infantil, aproximando ata a segunda decimal, cando de momento o unico que hai é herba e terra.
Xa no apartado de mocións, o grupo nacionalista presentou unha en favor do mantemento do modelo galego de comercialización dos produtos pesqueiros e contra a suba do IVE do 10 o 21% dos produtos de primeira necesidade, dadas as dúas medidas que mediante o Magrama e o Informe Lagares, respectivamente, veñen de comunicárselle ó sector. Os nacionalistas reuníronse con membros e representantes do sector tanto en Burela coma en Celeiro, coincidindo en todo momento cos mesmos en que estas dúas medidas serían as dúas peores que se lles poden aplicar e ambas mortais para os seus intereses. “Representantes deste ámbito fixéronnos chegar que o seu marxe de beneficio rolda o 10% polo que a suba do IVE plantexada sería dificilmente asumible para eles; tamén nos indicaron que cando se venden grandes cantidades de peixe directamente nos MERCAS os prezos nas lonxas coma a de Burela baixan considerablemente, afundindo o seu negocio. Unha vez mais o BNG está do lado dos traballadores e membros deste sector produtivo, fundamental para Galiza, para A Mariña e para Burela”, recordou o nacionalista que ademais salientaba que un posto de traballo no mar e practicamente equivalente a 3 ou 4 postos de traballo en terra, o que reflicte a importancia económica e laboral do sector.
Finalmente e a pesar do ofrecemento do alcalde de retirar a moción, posto que “el coñece que non se contempla” levar a cabo estas dúas medidas, a moción foi aprobada por unanimidade, instando así ó goberno galego a reclamar o Goberno Estatal que non se leven a cabo estas medidas e remitindo este acordo os grupos políticos do Parlamento Galego e do Congreso dos Deputados.
Por último, cabe destacar que no medio dunha disputa de temática laboral, entre o portavoz socialista e o alcalde, o portavoz nacionalista admitiu estar en contra das súas posturas, xa que os socialistas deberían pedir perdón pola primeira reforma laboral e os populares deberían retirar a súa, invitando a ambos a modificar drástica e radicalmente as súas políticas en materias de desemprego. Mostrou así Mario Pillado quen defende os intereses dos veciños de Burela, ós sectores produtivos que deben servir de impulso para o emprego e quen mira cara o futuro sen perdelo tempo enguedellándose en disputas persoais e electoralistas.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



