
O campo de fútbol As Valgas, en San Miguel de Reinante, acollerá o vindeiro sábado, 2 de agosto, o XXXIII Festival Folclórico do Emigrante, que organiza a agrupación O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros. A partir das 22.00 horas farán as delicias do público o conxunto popular Umuzi Wenkosi, de Sudáfrica; o grupo de danzas Gorets, da República Osetia (Rusia), a asociación folclórica Estirpe de Aragonía, de Huesca; e os anfitrións, a asociación folclórica O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. O evento foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello. Alí estiveron o alcalde, Alfonso Fuente, o presidente do Arco da Vella, Enrique Penabad, e outros membros desta asociación, e o presentador do evento, que será Xosé Manuel Orriols.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



