Lourenzá, 31 de xullo de 2014. O Concello de Lourenzá presentou este xoves a súa XVIII edición do Concurso de Fotografía Festa da Faba para este ano 2014. Os traballos poderán presentarse, por correo ou en persoa, nas oficinas municipais ata o día 22 de setembro. As fotografías deberán basearse na temática Terras da Faba e o gañador recibirá un premio de 500 euros. No acto de presentación estiveron a alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez; o concelleiro de Medio Ambiente, Antonio Reigosa, e a concelleira de Cultura e Turismo, Lupe Flórez.
Lupe Flórez explicou que “este ano a Festa da Faba vai a celebrarse os días 4 e 5 de outubro e coma en edicións pasadas temos un premio de 500 euros nesta XVIII Edición do Concurso de Fotografía Festa da Faba, que resulta bastante suculento para aquelas persoas interesadas en participar, xa que nos certames próximos non temos ningún da entidade económica deste concurso.” A concelleira de Cultura laurentina destacou que “seguimos a manter a temática da edición anterior, que é a de Terras da Faba, na que se poden incluír todas aquelas fotografías que sexan representativas e recoñecibles de distintos concellos da Mariña Lucense onde se produce a faba de Lourenzá. Non estamos restrinxindo a temática á área do noso propio concello nin da propia produción da faba senón que estamos ampliando a temática a toda A Mariña, concretamente aos concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove”.
Flórez comentou que “dende o Concello pensamos que esta apertura de temática dá posibilidades para que participe un maior número de xente, xa que é moito máis amplo o abano de persoas que se moven nestes concellos que restrinxíndoo só ao noso concello de Lourenzá”.
A responsable da Concellaría de Cultura engadiu que “o prazo de entrega este ano vai a ser ata o 22 de setembro e van poderse dirixir os traballos tanto persoalmente ás oficinas municipais como por vía postal. No caso dos traballos que cheguen a través de vía postal imos considerar a data do cuño tope o 22 de setembro, co cal poden chegar en días posteriores a ese día marcado, pero sempre imos ter en conta esa data do cuño. As bases van a estar colgadas, coma en edicións anteriores, na páxina web do Concello de Lourenzá, www.concellodelourenza.es, e as dúbidas poden ser resoltas chamando ao teléfono 982.12.10.06”.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



