O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o director comercial do Grupo El Progreso, José María Álvarez Vilabrille, o delegado na Mariña de dito medio de comunicación, Pablo Villapol, e o Alcalde de Barreiros, Afonso Fuente Parga; presentaron este venres a quinta edición da Festa do Marisco. Trátase da cita que organiza El Progreso durante a época estival nun municipio da Costa para potenciar os produtos pesqueiras, e coa que colabora o organismo provincial dende a súa orixe, no 2010. É de carácter rotatorio, pois cada ano ten lugar nun Concello mariñá. Logo da súa celebración en Burela, Cervo e Foz, este ano recae en Barreiros. O éxito acadado nas pasadas convocatorias, coa participación de máis de 4.000 persoas no 2014, supuxo a súa ampliación, sendo dous días de festa nesta ocasión, os vindeiros 16 e 17 de agosto, cando, anteriormente, sempre foi un.
Gómez Besteiro salientou que “por quinto ano consecutivo, colaboramos con esta festa, un clásico e referente na provincia. Facémolo porque compartimos a súa finalidade: promocionar os produtos pesqueiros da Mariña, unha das mellores materias prima que temos na provincia pola súa calidade, que xeran riqueza e emprego. Do mesmo xeito, apostamos por esta cita xa que contribúe a unificar a nosa Mariña. Ademais, facémolo durante o verán, aproveitando a visita de centos de persoas. A Festa do Marisco é unhas das máis de 50 actividades, que teñen lugar por toda a provincia, coas que colabora a Deputación. Por exemplo, PRODUART, que hoxe arranca en Burela, a Festa do Percebe, que mañá comeza en Ribadeo, o Mercado Medieval de Mondoñedo ou a Festa do Berberecho de Foz, entre outras. Só a través do Plan Estratéxico de Subvencións achegamos este ano 3,6 millóns de euros en impulso destas citas e de sectores produtivos como a pesca. De feito, mediante esta partida, prestamos colaboración económica a todas as confrarías de pescadores da provincia, sendo a única Deputación en Galicia que o fai”.
Con anterioridade, o organismo provincial só colaboraba coa confraría de pescadores do Vicedo. O actual Goberno Provincial ampliou estas axudas, convertendo a de Lugo na única Deputación galega que colabora coa totalidade das confrarías existentes na súa costa. Trátanse das seguintes: Confraría de Pescadores do Vicedo; Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro; Confraría de San María do Campo de Ribadeo; Confraría de Pescadores de Burela; Confraría de Pescadores de San Ciprián; Agrupación de Mariscadores de San Cosme de Barreiros e Confraría de Pescadores de Foz.
Racións
A vila de Barreiros acollerá a Festa do Marisco o 16 de agosto, de 12:00 a 24:00 horas; e o 17 de agosto, de 12:00 a 16:00 horas. Será na zona centro das praias do municipio, na explanada situada enfronte da Praia do Coto. Poderanse degustar centolos, bois de mar, nécoras, cegalas e mexillóns. Os interesados poderán levar as racións para saborealas onde prefiran. O prezo para dúas persoas é de 25 euros e de 22 euros no caso de adquirir os tíckets con antelación. Pódese facer nas oficinas de El Progreso en Lugo, Burela, Ribadeo ou Viveiro; nas oficinas de Turismo de Barreiros e no restaurante Palacio de Cristal de Burela.
Catro xornadas exitosas
A Festa do Marisco naceu no ano 2010, da man do Grupo El Progreso, para potenciar os produtos da costa lucense nunha xornada durante a época estival e de carácter rotatorio. Un Concello da Mariña acóllea cada ano. O Porto de Burela inaugurou, hai cinco anos, esta cita que, logo de pasar pola Praza do Campo de San Cibrao e o Paseo da Ribeira en Foz; reuniu, na pasada convocatoria nos Xardíns Noriega Varela de Viveiro, a mais de 4.000 persoas, vendéndose preto de 2.000 racións, o que significa que se comeron preto de 4.000 nécoras.
Colaboración múltiple
A cita gastronómica está organizada por El Progreso, coa colaboración de institucións e empresas: Deputación de Lugo, Concello de Barreiras, o Hotel Palacio de Cristal, Cetárea Burela, Distribucións Carreiras, Logaidea Comunicación, a Xunta de Galicia, Carpas Carboeira, Construcións Os Molineros, Construcións e Canalizacións Saa e BMW Lugauto.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



