Logo de recibir a visita de máis de 500 persoas no Incio e en Guitiriz, o Barco Muralla da Deputación chega esta fin de semana, 2 e 3 de agosto, a Burela. Faino, coincidindo coa celebración de PRODUART e a Festa do Bonito -citas que ademais financia o organismo provincial- co obxectivo de reunir máis apoio popular á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade -logo de acadar máis de 1.000 sinaturas-; así como para promocionar os produtos autóctonos e os recursos naturais da provincia.
Na aula turística medioambiental estarán os libros oficiais da UNESCO, información sobre a Ribeira Sacra, Terras do Miño, Os Ancares Lucenses, Río Eo-Oscos-Terras de Burón, o Courel, as Costa…; así como produtos autóctonos para a súa degustación.
O Barco Muralla recalará en máis de 70 localidades lucenses durante esta tempada, aproveitando a celebración de multitudinarias citas pola provincia, que reciben centos de visitantes, para impulsar a campaña de sensibilización cidadán en apoio á candidatura da Ribeira Sacra e dar conta da riqueza lucense.
Lugo conta con tesouros naturais únicos que o organismo provincial quere promover dentro e fóra do seu territorio. É a maior das catro provincias galegas, ten montes, vales, canóns, depresións e costas. Na actualidade, están recoñecidas tres Reservas da Biosfera que ocupan máis do 59% da súa superficie, ten 71 praias, moitas delas distinguidas con bandeira azul, e 100 quilómetros de litoral, ademais de contar cun humidal de importancia internacional.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



