Burela, 4 de agosto de 2014. No pleno ordinario do pasado martes día, 29 de xullo, cos votos do PP aprobouse a Conta Xeral dos presupostos municipais de 2013. Unha conta xeral que, a xuízo do alcalde, José María González Barcia, “presenta xa datos alentadores, e que nos fan pensar que a situación económica, grazas ó esforzo de todos, está encarrilada, aínda que non nos podemos permitir ningún despiste nin alegrías, se queremos que isto siga evolucionando favorablemente e se solucione para ben de todos”.
González Barcia compareceu en rolda de prensa no día de hoxe co concelleiro de Economía, José Casas Martínez, “para informar aos veciños do qué se fixo cos cartos que puxeron nas mans do Concello durante o pasado ano, e qué se fixo cos cartos que nos enviaron desde o Goberno do Estado e da Xunta”.
A primeira lectura é que a xestión foi correcta: “o Goberno Municipal fixo unha xestión máis que boa, xa que os presupostos de 2013 arrancaron o un de xaneiro en 6.232.500 euros, e rematamos en 7.071.110 euros a trinta e un de decembro, o que significa que fomos capaces de conseguir da Xunta de Galicia 838.610 euros. Ou sexa, incrementamos o presuposto nun 13’5%, que non está nada mal”. Barcia dixo que “os ingresos recoñecidos netos son de 6.725.185 euros”.
González Barcia destacou que “moitos deses cartos foron destinados á loitar contra o desemprego a través de obradoiros, cursos de formación e contratación de persoal (brigada contra incendios, socorristas, GMIR, etc), e tamén para servizos sociais, especialmente para o servizo de axuda no fogar a persoas con dependencia”. No que se refire ó capítulo de gastos, o alcalde asegurou que “os gastos comprometidos ascenden a 6.525.106 euros; é dicir, temos comprometidos gastos por importe de 200.078 euros menos que os ingresos recoñecidos netos, o que demostra que gastamos menos do que ingresamos”.
Por iso, indicou González Barcia, “o superávit de 2013, descontando o crédito do pago anticipado a provedores, é de 289.005 euros, que non podemos usar por estar suxeitos ao pago anticipado a provedores e para cumprir os criterios de déficit”.
O rexedor engadiu que “como se ve estamos corrixindo pouco a pouco a situación desastrosa que atopamos. E como mostra, un dato: a 31 de decembro de 2013, tiñamos pendentes de pago soamente 140.549 euros. Por desgraza, pero tamén para ver cómo xestionamos uns e como xestionan outros, a 31 de decembro de 2011, tiñamos pendentes de pago 1.883.302 euros, débeda provocada pola desastrosa xestión de PSOE e BNG”.
Barcia foi aínda máis contundente: “temos dúas herdanzas que nos lacran, o pago anticipado a provedores, polo que tivemos que pedir un crédito de 1.097.906 euros, e a do antigo Concello de Cervo, que aínda ascende a 603.635 euros; e os causantes desas dúas herdanzas teñen detrás partidos políticos responsables das mesmas, PSOE fundamentalmente, pero tamén BNG”.
Pola súa banda, o concelleiro de Economía, José Casas Martínez, manifestou que “dos dereitos recoñecidos netos do ano 2013, tres millóns de euros proveñen doutras administracións, Estado e Xunta, fundamentalmente. A Deputación de Lugo só nos concedeu en 2013 un total de 32.000 euros en axudas, incluída a achega do Plan de Obras e Servizos, e só nos pagou, ó largo de 2013, 12.252 euros; con isto creo que queda dito todo”.
Casas Martínez destacou que “os veciños de Burela somos, en xeral, cumpridores coas nosas obrigas fiscais: de cada cen contribuíntes, practicamente oitenta e cinco cumpren en prazo coas mesmas. Por iso hai que destacar esta cuestión, xa que, como dixo o alcalde, o mérito fundamental para sacar a situación económica do Concello adiante é dos cidadáns”.
O edil de Economía tamén manifestou que “algo do que nos sentimos realmente satisfeitos é da media de días na que efectuamos o pago ós nosos provedores. Cando chegamos ao Concello en xuño de 2011, este aspecto era un desastre xa que o único que había era montóns de facturas sen pagar e que por riba non tiñan consignación, non había cartos para pagalas. Houbo días de recibir hasta quince chamadas doutros tantos provedores preguntando que cando cobrarían. De feito, a empresas coas que temos concesionados servizos, como lixo, alumeado, limpeza de dependencias, etc, debíanselles hasta oito meses, o que era un auténtico escándalo e mesmo chegou a provocar situacións de certa tensión, xa que os traballadores cobraban con moito retraso”.
Casas Martínez indicou que “esta situación non podía continuar así, porque estábamos poñendo en xogo a continuidade de pequenos empresarios e provedores e polo tanto estábamos poñendo en xogo postos de traballo. Pero a situación afortunadamente rematou, xa que estamos pagando a unha media de trinta días, que é un prazo asumible por todos. Agora mesmo nos agradecen que paguemos con esta celeridade. E isto, do que estamos moi orgullosos, foi posible grazas ao compromiso de todo o equipo de goberno e dos propios empregados municipais”.
Finalmente, o alcalde, José María González Barcia, manifestou que “dentro de dúas semanas vamos comezar a traballar sobre o presuposto do ano 2014, e o primeiro aspecto que imos analizar é a revisión das ordenanzas fiscais municipais. Chegados a esta situación de control da economía local, estudaremos con moita calma todas e cada unha das ordenanzas. Despois da súa aprobación, probablemente a finais de setembro ou principios de outubro, definiremos xa o presuposto propiamente dito. Iso si, as máximas de non gastar máis do que ingresamos e pagar o que debemos van seguir sendo as liñas de actuación en materia económica”.


















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



