A Coral Polifónica Alborada de Viveiro organiza, co patrocinio do Concello de Viveiro, o XXX Festival Coral de Música Popular que terá lugar este sábado 9 de agosto na Praza Maior a partir ds 21.00 horas. Ademais da anfitrioa, dirixida por Luis Vicente Fernández Prieto, tamén participarán o Coro Mixto REconquista (Oviedo) dirixido por Ángel Gallego Bahillo; a Coral Polifónica de Burela dirixida por Felipe Sánchez Fernández; e o Coro Marinero “Maní” de Lastres (Asturias), diixido por Faustino Martínez García.