A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, acompañada pola Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, presentaron este mércores nun acto que tivo lugar na área recreativa lucenses de Los Robles, unha nova edición do Lugoteando, a programación medioambiental de actividades lúdicas e deportivas para públicos de todas as idades, que busca potenciar o medio natural como factor xerador de riqueza na provincia. Esta iniciativa gratuíta posta en marcha pola Deputación de Lugo hai cinco anos, cofinanciada ó 80% por fondos europeos a través do programa Lug02, arrinca este mesmo sábado, 9 de agosto e durante os meses de agosto e setembro desenvolverase en diferentes puntos de 8 Concellos lucenses. O prazo de inscrición para conseguir algunha das 800 prazas (100 en cada municipio) xa está aberto en www.deputacionlugo.gal.
Méndez destacou que o éxito das edicións anteriores do Lugoteando, que lograron reunir a preto de 4.000 persoas procedentes de toda a provincia, así como doutros puntos de Galicia, “fan pensar que nesta ocasión non será diferente, confirmando que o ocio medioambiental, o aproveitamento lúdico dos nosos recursos fluviais e litorais, é unha das maiores oportunidades económicas da provincia”. Méndez avogou pola validez de iniciativas deste tipo, que “supoñen un decidido impulso por poñer en valor a nosa riqueza natural”.
Datas e inscricións
A 5ª edición de Lugoteando arrinca coa xornada que se celebrará Concello do Valadouro, en xornadas de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas. As actividades preparadas son terrestres, e entre elas destacan os paseos en sewgay; un transporte lixeiro de dúas rodas con motor eléctrico; o longskate, unha variedade de skate ou un simulador de surf. O calendario de datas desta programación é o seguinte:
– 9 de agosto: O Valadouro, no recinto feiral.
– 16 de agosto: O Incio, no embalse.
– 17 de agosto: A Pobra do Brollón, na praia fluvial.
– 23 de agosto: Burela, na praia urbana.
– 29 de agosto: Guitiriz, na praia fluvial de Parga.
– 5 de setembro: Vilalba, no complexo da Magdalena.
– 7 de setembro: A Fonsagrada, na Praza do Concello.
– 6 e 7 de setembro: Lugo, na área recreativa de Los Robles.
Estas citas ofrecerán a 800 persoas a posibilidade de facer surf, coñecer os sea scooter (un pequeno motor con hélices que permite mergullarse con facilidade); subirse ás bananas acuáticas; dar paseos en canoa ou experimentar os patinetes acuáticos a pedal.
O prazo de inscrición para conseguir algunha das 800 prazas (100 en cada municipio) xa está aberto en www.deputacionlugo.gal, para o que só será necesario cubrir un pequeno formulario. No caso de quedar praza libres, os interesados tamén poderán inscribirse antes de comezar as actividades no propio lugar onde se celebren. Máis información na citada web ou no 982 260 147. Os menores de idade que desexen participar terán que presentar unha autorización asinada polos pais ou titores, que tamén se pode descargar na web.
A aposta polo medioambiente
A Deputación de Lugo volve apostar polos recursos fluviais e litorais da provincia como oportunidades económicas. Lugoteando é unha das actividades que organiza durante todo o ano para potenciar o ocio medioambiental e o turismo desestacionalizado para xerar riqueza. Este tipo de actividades tamén contribúen a impulsar negocios lucenses de diferente sectores –hostalería, gastronomía, deportes e multiaventura, etc.-, mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



