Aberto o prazo para as 800 prazas gratuítas da 5ª edición do Lugoteando, a iniciativa que ofrece actividades lúdicas e deportivas para persoas de todas as idades e en todas as zonas da provincia, coas que a Deputación potencia o medio natural para xerar riqueza. Os interesados poden apuntarse a través de www.deputacionlugo.gal ou no 982- 26-01-47, canles nos que atoparán máis información. Os menores de idade terán que presentar unha autorización asinada polos pais ou titores, que se poden descargar na web.
Lugoteando leva actividades terrestres e acuáticas á zona centro, ós Concellos de Lugo, Guitiriz e Vilalba; á Costa, O Valadouro e Burela; á zona sur, O Incio e A Pobra do Brollón, así como á Montaña luguesa, á Fonsagrada. Por exemplo, surf, paddle surf, bananas acuáticas, segways (transporte lixeiro de dúas rodas con motor eléctrico), sea scooter (pequeno motor con hélices que permite mergullarse con facilidade), skates a motor, paseos en canóa, patinetes acuáticos, longskate, simuladores de surf…
O calendario, que arranca este sábado no Valadouro, é o seguinte:
– 9 de agosto: O Valadouro, no recinto feiral.
– 16 de agosto: O Incio, no embalse.
– 17 de agosto: A Pobra do Brollón, na praia fluvial.
– 23 de agosto: Burela, na praia urbana.
– 29 de agosto: Guitiriz, na praia fluvial de Parga.
– 5 de setembro: Vilalba, no complexo da Magdalena.
– 7 de setembro: A Fonsagrada, na Praza do Concello.
– 6 e 7 de setembro: Lugo, na área recreativa de Los Robles.
Hai 100 prazas, a custe cero, en cada un dos municipios.
4.000 persoas
Esta programación da Deputación naceu xa hai cinco anos e está cofinanciada nun 80% por fondos europeos do Lug02. Unhas 4.000 persoas de toda Galicia participaron nas pasadas edicións do Lugoteando, confirmando que o ocio medioambiental e o aproveitamento lúdico dos recursos fluviais e litorais, son algunhas das maiores oportunidades económicas da provincia. A través desta iniciativa desestacionalízase o turismo e ofrécese unha nova alternativa para impulsar a economía. Hai que ter en conta que o feito de reunir a centos de persoas, contribúen a potenciar os negocios da zona de distintos sectores –hostalería, gastronomía, deportes e multiaventura…-, mantendo postos de emprego, especialmente no rural, e axudando a frear a sangría demográfica para fixar poboación.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



