Despois de sete anos sen celebrarse as festas patronais na honra de San Mamede, na parroquia das Oiras, do concello de Alfoz, este ano o Santo verase honrado con dous días de festa. O venres 29 de agosto, celebrarase Santa Misa en louvanza do patrón San Mamede, ás 13.00 horas. Acto seguido, procesión. Despois haberá sesión vermú a cargo do grupo musical Fénix que repetirá á hora da verbena despois do pregón a cargo de Xesús do Breogán de Foz (ás 21.00 horas). O sábado 30 de agosto, tamén haberá misa solemne seguida de sesión vermú a cargo da orquestra Blue Star que tamén amenizará a verbena coa que se darán por rematadas as festas.
Festas nas Oiras (Alfoz)
Festas nas Oiras (Alfoz)
Relacionado
-
César Díaz Colmenares celebrou este venres o seu 103 aniversario en Carballido, Alfoz
-
A XI edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Mondoñedo celebrarase o sábado, 21 de xuño
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigado a un veciño de Foz, de 59 anos de idade, como suposto autor dun delito de danos a instalacións municipais