Juan Nécega estará un ano máis á fronte do equipo de Nacional Lourenzá Ensino para a vindeira temporada 2014/2015.
Juan asume o reto por séptima temporada no club e será ademáis o encargado de coordinar e supervisar os adestramentos das categorías inferiores das Escolas Deportivas, que este ano contarán con equipos en categoría benxamín, alevín, infantil, cadete , estudiase a posibilidade dun equipo junior e a confirmación tamén por segunda temporada do equipo de 2ª autonómica feminina no que seguirá un ano máis ó fronte Mariano Galindo.
O equipo comenzará os adestramentos esta fin de semana nun stage técnico que farán en Viveiro xunto co equipo de Liga Feminina.
De momento podemos confirmar a renovación de Marly Varela, e ademáis o equipo estará pendente da posible vinculación das xogadoras sub-23 co equipo de Liga Feminina da lucense Rocío Varela, da santanderina Tamara Montero e da ferrolana Sara Cuíña. Durante estos días estanse apurando as negociacións co resto das integrantes da plantilla da temporada pasada Andrea Meilán, Sabela uriz, Marta García, Elena Sánchez…. para que podan un ano máis seguir no proxecto; así como varias xogadoras de categoría junior que pasan a sénior. Da cubana Taimara Suero estamos á espera das ofertas que lle podan xurdir de ligas superiores e de se ó final poderá estar en España nesta vindeira temporada.
No apartado económico “Kusilas” será un novo patrocinador do equipo, que firma un convenio de colaboración para esta temporada 2014 – 2015.
























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
