O grupo de montaña do Club Marqués de Casariego organiza para o sábado 13 de setembro unha ruta circular con saída do parque de Tapia de Casariego ás 09.00 horas, Porcía, La Roda, El Cabillón e regreso a Tapia. Trátase da segunda marcha solidaria coa Fundación EDES co obxectivo de recadar fondos e seguir contribuíndo á mellora da calidade de vida de persoas con discapacidade. Orlando J. Casariego patrocina a ruta do club, pero tamén se aceptan aportacións particulares. Inscricións ata o venres 12 de setembro a través dos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 e 608 540 828 ou a través do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es.
II Marcha Solidaria en Tapia
II Marcha Solidaria en Tapia
Relacionado
-
O pasado mércores, 7 de maio, José, veciño de Labradela, na parroquia de A Rigueira (Xove), celebrou o seu centenario
-
Un alumno do IES de Foz acada un cuarto posto no Combiguru Challenge en Venecia
-
Cristobal Rodriguez foi elixido para ocupar unha cadeira no Comite Tecnico da Federación Internacional de deporte Universitario (FISU) con sede en Lausane