O vindeiro sábado 13 de setembro a Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto realizar a RUTA DO RIO DA FRAGA (O río dos Ladróns – 30 muíños) en Moaña (Pontevedra). A ruta é de dificultade baixa e de 15 quilómetros. O prezo será de 25 € para os socios e 30 para os non socios e inclúe comida e autobús. A saída será ás 7.30 horas da Estación de Autobuses de Burela. Para participar será imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes de xoves 11.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



