O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este mércores unha nova convocatoria de cursos e obradoiros gratuítos sobre novas tecnoloxías para maiores. Nesta ocasión, están programadas 20 accións formativas -13 cursos e 7 obradoiros-, que ofrecerán 232 horas de formación, e para as que están dispoñibles 224 prazas. Gómez Besteiro destacou que “imos xa pola terceira convocatoria destes cursos, que ata o de agora permitiron a preto de 500 lucenses veteráns mellorar a súa autonomía; as súas capacidades e a súa comunicación cos familiares, coas amistades e co mundo”.
Gómez Besteiro fixo este anuncio no tradicional acto de entrega de diplomas ós participantes na anterior convocatoria, celebrado hoxe nas instalacións do InLugo, na que tomaron parte máis de medio cento de alumnos, e que serviu para intercambiar impresións sobre a posta en práctica no seu día a día do aprendido en novas tecnoloxías. Mostra das habilidades que os maiores participantes adquiriron quedou patente cando unha das alumnas, María, de 61 anos, quixo facer un selfie de grupo durante o acto de entrega de diplomas, que logo ela mesma subíu ás redes sociais, poñendo así en práctica o aprendido durante os cursos.
Tal e como destacou o Presidente “supón unha enorme ledicia recibir as felicitacións que, tanto vós como os participantes en anteriores edicións, nos facedes chegar”, e engadiu que a maioría dos alumnos “cóntannos que o aprendizaxe das novas tecnoloxías grazas a estes cursos é para eles unha segunda mocidade, e nos transmiten a súa emoción polas enormes posibilidades que cada día descobren en Internet e nas redes sociais”.
Esta programación, cofinanciada ó 80% por fondos europeos, está organizada pola Fundación TIC no Centro de Innovación Social InLugo, e cumpre co obxectivo de promover o uso as novas tecnoloxías entre lucenses de todas as idades, os maiores da provincia neste caso en particular, os cales teñen manifestado ata o de agora un enorme interese esta formación que lles permite aprender, por exemplo, a empregar as redes sociais, buscar información en Internet e comunicarse con familiares e amigos con facilidade e rapidez.
De feito, en cada unha das edicións celebradas ata o de agora, esta formación ten colleitado un enorme éxito, conseguindo que a totalidade das prazas dispoñibles se esgoten ó pouco tempo de abrir o prazo, e son os propios participantes os que solicitan novas convocatorias nas que se programen cursos para perfeccionar as habilidades aprendidas.
13 cursos e 7 obradoiros
Nesta ocasión son 224 prazas para 20 accións formativas que suman 232 horas. Os 13 cursos dispoñibles son:
– Atréveste con Internet? Axudámosche
– Manéxate coas novas tecnoloxías. Coñece o teu ordenador
– Manéxate coas novas tecnoloxías. Coñece a túa tablet
– O carteiro en Internet. Que é o correo electrónico?
– Organízate co teu móbil
– Avanza e coñece o que podes facer co teu smartphone
– Descobre aínda máis o teu smartphone
– Arquiva e retoca as tuas fotografías co ordenador/tablet
– Que son as redes sociais? Descobre Facebook
– Que queres ver e aprender en Internet? En Youtube atoparalo
– Aproveitando e descubrindo ideas coas imaxes das redes sociais
– Copia e xestiona os teus arquivos
– Escribe no ordenador empregando un editor de texto
E por outra banda, os 7 obradoiros son os seguintes:
– Obradoiro: Ximnasia mental coa tablet
– Obradoiro: Mantemos en forma o cerebro coa Wii
– Obradoiro: Exercicio mental co ordenador
– Obradoiro: Movémonos e pensamos coa Xbox
– Obradoiro: Xogamos co corpo
– Obradoiro de televisión
– Obradoiro de radio
Precisamente este dous últimos obradoiros, o de televisión e o radio, son algunha das novidades desta convocatoria; con eles, os maiores aprenderán os segredos destes dous medios. Tamén serán novidades as titorías personalizadas coas que os participantes poderán resolver todas as súas dúbidas e aproveitar ó máximo a experiencia.
O prazo de solicitudes para a nova convocatoria, que ofrece 224 prazas e máis de 230 horas de formación, ábrese este venres. Inscrición e máis información sobre datas e horarios en www.deputacionlugo.gal ou no 982 225 186. Coma sempre, a matrícula é totalmente gratuíta.




















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



