A programación formativa de novas tecnoloxías para maiores da provincia, que organiza a Fundación TIC no Centro de Innovación Social InLugo, está a cumprir coas boas previsións e, unha vez máis, os maiores de 55 anos deixan patente o seu interese por estes cursos, que lles permiten aprender, por exemplo, a empregar as redes sociais, buscar información en Internet e comunicarse con familiares e amigos con facilidade e rapidez.
Así, apenas unha hora despois de abrirse o prazo, ás 9:00 horas de hoxe, xa son 140 as inscricións formalizadas nos cursos e obradoiros desta terceira tempada, ó que amosa unha vez máis que esta programación ten un enorme poder de convocatoria entre os lucenses máis veteráns. De feito, son os propios participantes os que solicitan que se programen novos cursos de iniciación, para moitos dos seus coñecidos que desexan aprender a manexarse coas novas tecnoloxías, así como outros de perfeccionamento para profundizar aínda máis nos contidos de cursos realizados en convocatorias anteriores.
Nesta ocasión, ademais, destacan novidades coma os obradoiros de televisión e radio, nos que os maiores aprenderán os segredos destes dous medios de comunicación, así como as titorías personalizadas. Con estas titorías, os participantes poderán resolver as súas dúbidas fóra do horarios dos cursos e aproveitar ó máximo a experiencia.
13 cursos e 7 obradoiros
Aínda quedan prazas libres nas 20 accións formativas programadas, que suman 232 horas. Os 13 cursos dispoñibles son:
– Atréveste con Internet? Axudámosche
– Manéxate coas novas tecnoloxías. Coñece o teu ordenador
– Manéxate coas novas tecnoloxías. Coñece a túa tablet
– O carteiro en Internet. Que é o correo electrónico?
– Organízate co teu móbil
– Avanza e coñece o que podes facer co teu smartphone
– Descobre aínda máis o teu smartphone
– Arquiva e retoca as tuas fotografías co ordenador/tablet
– Que son as redes sociais? Descobre Facebook
– Que queres ver e aprender en Internet? En Youtube atoparalo
– Aproveitando e descubrindo ideas coas imaxes das redes sociais
– Copia e xestiona os teus arquivos
– Escribe no ordenador empregando un editor de texto
E por outra banda, os 7 obradoiros son os seguintes:
– Obradoiro: Ximnasia mental coa tablet
– Obradoiro: Mantemos en forma o cerebro coa Wii
– Obradoiro: Exercicio mental co ordenador
– Obradoiro: Movémonos e pensamos coa Xbox
– Obradoiro: Xogamos co corpo
– Obradoiro de televisión
– Obradoiro de radio
Os interesados en participar, aínda poden facelo en www.deputacionlugo.gal ou no 982 225 186, onde tamén atoparán máis información sobre os propios cursos, datas e horarios. Coma sempre, a matrícula é totalmente gratuíta.

























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



