O barrio da parroquia focega de San Martiño, por ubicarse nel a histórica ex-catedral e actual basílica, é o lugar de meirande interese cultural do concello. A historia acumula valores que concitan a atención das xentes e lugares mais ou menos inéditos convértense en cita para milleiros de visitantes atraídos polas pegadas no currículo dunha existencia que, no caso que nos ocupa, cífrase en preto de vinte séculos, dende a era do pre-románico, do que o cenobio é exemplar único. Tampouco se libran de agresións, unhas da propia natureza e outras por actuacións privadas ou institucionais, como a perpetrada poucos anos hai que contou co beneplácito, e aínda a defensa, dos munícipes locais, a propósito de certas obras realizadas no seu entorno, rachando con toda harmonía estética e ambiental utilizando materiais disonantes coa construcción orixinal que dera lugar a que fose declarado monumento nacional, e de cuxas pedras, Alvaro Cunqueiro dixera que “parecen labradas por mans imposibles”. Pretiño do cenobio, en paraxe de bucólica beleza a carón do río Centiño, ten o obradoiro o artista plástico Caxigueiro, onde por iniciativa propia, acaba de abrir ó público un fermoso xardín botánico de uns 3.500 m2 que destaca pola colección de camelias, formada por mais dun cento de variedades, así como abundante flora autóctona e curiosas especies exóticas O percorrido polo Espazo Caritel permite acceder ó edificio, obra do arquitecto Xosé D. Moscoso, con dúas salas para exposicións. O artista ten participado en numerosas mostras, individuais e colectivas; polifacético que domina variados medios de expresión: cerámica, escultura, fotografía, poesía… Presente en importantes certames de cidades galegas así como en Lisboa, Valencia, Madrid, Zaragoza, o seu traballo forma parte das mais prestixosas coleccións de Galicia: CGAC, Abanca, Unión FENOSA…..Sen dúbida que a iniciativa de Caxigueiro vai resultar exitosa porque aporta, a través da arte plástica e a natureza, alicerce que complementa a visita dese baluarte da Historia e da Cultura que é a Igrexa de San Martiño de Mondoñedo.
Suso Fernández

















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



