ADEGA vén de coñecer o novo intento de ENCE, através de ASPAPEL, de fumigar masivamente plantacións de eucaliptos con MAVRIK-10 (principio activo tau-fluvalinato). Este composto insecticida/acaricida foi formulado orixinariamente para o combate dos pulgóns, ácaros e outros insectos nos cultivos de horta e froiteiras. A súa utilización contra o gorgullo do eucalipto (Gonipterus scutellatus Gyll) é pois novidosa.
A Xunta, a pedido de ASPAPEL-ENCE, solicitou ao Ministerio un permiso excepcional para poder ensaiar os efectos deste insecticida nas plantacións de eucaliptos infestadas polo gorgullo. O Ministerio (Dirección General de Sanidad de la Producción Agraria) autorizoulles o experimento de xeito excepcional entre o 9 de xuño e o 6 de outubro deste ano.
ASPAPEL presentou un proxecto para aplicar este composto (MAVRIK-10, principio activo tau-fluvalinato) sobre 17.457 ha de eucaliptais en parcelas afectadas nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra. Se a fumigación “experimental” dá resultado, a patronal pasteira pretende estender o tratamento á totalidade da Coruña e Pontevedra, así como aos distritos forestais VI (A Mariña de Lugo) e IX (O Ribeiro-Arenteiro).
Un insecticida que pode ser tóxico para as abellas
Malia a que ASPAPEL no seu proxecto de fumigación indica que este composto nocivo, irritante, bioacumulativo e altamente tóxico para a vida acuática non presenta riscos para as abellas, existen publicacións e estudos que describen interaccións tóxicas para as colmeas en conxunción con outros produtos. Mesmo nalgunhas bases de datos internacionais sobre os efectos dos pesticidas (como a da Univ. de Hertfordshire) indícase que este composto ten unha toxocidade “moderada” para as abellas.
De feito, o tau-fluvalinato baixo a formulación APISTAN ten sido intensamente usado para o tratamento da varroa, un parasito das abellas. Porén, este composto en interación con outros tratamentos anti-varoa como o CHECKMITE+ (principio activo Coumaphos) podería ser unha das causas da morte das abellas e da síndrome do colapso das colonias, segundo apontan algúns investigadores (Johnson, 2009; Frazier et. al, 2008).
Todo pola pasta!
Despois do fallido intento en 2012 de ASPAPEL / ENCE, en comenencia coa Xunta, de fumigar medio país co tóxico flufenoxuron (CASCADE) prohibido pola UE, a patronal pasteira e os seus factótums políticos volveron á carga aproveitando a época estival.
Desta volta pretenden usar os nosos montes como parcelas experimentais para ensaiar até o 6 de outubro novos usos de perigosos insecticidas, a maoir gloria do seu negocio co eucalipto. Deste xeito, 52,3 toneladas deste composto insecticida van ser ou foron xa esparexidas por parcelas da Mariña e Ferrolterra, entre outras, nalgúns casos sen respectar as restriccións de aplicación:
– Non fumigar a menos de 100m de masas de auga, regos, pozos ou mananciais.
– Non tratar zonas con alta pendente e risco de escorrentía.
– Non fumigar con chuvia ou risco de chuvia.
Dende ADEGA vimos solicitar da Xunta información sobre este proxecto de fumigación experimental e o seu grao de desenvolvemento, con indicación dos lugares xa fumigados e as parcelas pendentes de tratar, así como as precaucións e medidas de segurirade para garantir a saúde ambiental e cidadá.
Animamos ás comunidades de montes, propietarios/as forestais, apicultores/as e labregos/as a demandar da Xunta máis transparencia e información sobre estas prácticas perigosas e potencialmente contaminantes.
*Referencias:
-Frazier, M., C. Mullin, J. Frazier and S. Ashcraft. 2008. What have pesticides got to do with it? American Bee Journal 148: 521-523.
-Johnson, R. M., H. S. Pollock, and M. R. Berenbaum. 2009. Synergistic interactions between in-hive miticides in Apis mellifera Journal of Economic Entomology 102: 474-479.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



