A Mariña, 22 de setembro de 2014.- A Asociación Mariña Patrimonio organiza o próximo sábado 27 de setembro un roteiro polo val do Rego da Furna, unha das fontes do río Ouro, rodeando o Pico do Cadramón, a maior elevación da Serra do Xistral, con 1.055 m.
O percorrido ten unha lonxitude aproximada de 8 km en total e de dificultade baixa. Iniciaremos o roteiro por un camiño paralelo ao primeiro tramo que desemboca nun punto onde o val se ensancha, constituíndo unha das escasas mostras de glaciarismo desta serra do Xistral. O río segue un percorrido ondulante por este pequeno val glaciar e finalmente, na cabeceira do val, conflúen nel tres pequenos regos en forma de abano e cubertos dunha fermosa fraga.
Ao remate deste roteiro visitaremos a pequena capela de Sta. Filomena, que constitúe un dos máis antigos exemplos de arquitectura relixiosa da Mariña, datada nos s. IX ou X e da que só se conserva a súa cabeceira ou ábside.
A actividade está aberta ao público en xeral. Para comezar, xuntarémonos no parque de Ferreira do Valadouro ás 11:00 horas. Desde alí desprazarémonos en coches particulares ata o punto de partida do roteiro, que é a propia capela de Sta. Filomena. Cada participante levará a súa comida, que coincidirá seguramente na cabeceira do val da Furna, en plena fraga. O remate está previsto para as 17:00 ou18:00 horas.
A actividade será de balde para os soci@s, nen@s e desempregad@s. Para o resto terá un custo de tres euros. Non se precisa apuntarse previamente, basta con presentarse á hora de inicio indicada. Para máis información pódese chamar ao teléfono 619553236 ou por mail no enderezo mr.patrimonio@gmail.com.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



