O Concello acolleu os actos conmemorativos do día mundial do alzheimer. No salón de plenos tivo lugar unha charla sobre esta enfermidade e as persoas coidadoras a cargo de Mª Reyes Quelle Fra, terapeuta ocupacional e maestrada en dependencia e xestión de servizos sociais. E a continuación tivo lugar a presentación da asociación AFAN (asociación de familiares de persoas enfermas de alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas de Burela) da que xa forman parte arredor dunhas 15 familias ata o momento. O colectivo ten programadas varias actividades que darán comezo nos vindeiros días. O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, foron os encargados de darlles á benvida aos asistentes. Durán amósase satisfeita da acollida que tiveron os actos de hoxe “porque o salón de plenos do Concello estivo cheo. Unhas 60 persoas acudiron a celebrar este día”. Durante toda a mañá tamén houbo unha mesa informativa na praza do Concello na que estiveron membros de AFAN.
Actos do día mundial do alzheimer en Burela
Actos do día mundial do alzheimer en Burela
Relacionado
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada