Ribadeo, 22 de setembro de 2014. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, anunciou este luns que o Concello está a rematar as obras de mellora na zona verde que se atopa situada na parte posterior da avenida Rafael Fernando Cardoso. Os traballos que se estenderon por unha superficie aproximada de 3.500 metros cadrados, contaron cunha inversión de fondos propios municipais de preto de 20.000 euros neste 2014. Con eles, o goberno municipal logrou procede á colocación de mobiliario, árbores e papeleiras nesta rúa.
O rexedor municipal explicou que “nestes días estamos rematando as obras de mellora dunha zona verde importante para Ribadeo. Trátase dunha rúa ampla, moderna e nova coma é a avenida Rafael Fernández Cardoso, onde ultimamente está a vivir moita xente e onde se sitúa o edificio de vivendas sociais, de protección oficial, que hai pouco entrou en funcionamento. Estamos a rexenerar todas esas traseiras que estaban nunha situación de certo abandono para que sirvan de zona verde con árbores, con bancos, con papeleiras, que se están a piques de instalar, e con certo mobiliario”.
Suárez engadiu que “se hai uns meses xa se fixo unha actuación na banda de arriba desta rúa, agora estamos a rematar na parte que faltaba. Con isto, a xente nova, e non tan nova, poderá utilizar esta zona como lugar de recreo e espazo público significando a súa cabida unha superficie certamente importante. Trátase duns 3.500 metros cadrados nos que estamos actuando para o que ten que ver con este ano cunha inversión aproximada de 20.000 euros de fondos propios municipais”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



