A ACD Xove organiza o Día da Bici o sábado 27 de setembro a partir das 16.30 horas con saída dende o Centro Cívico. As actividades previstas son: unha ruta cicloturista por Xove, Lago e Morás ata a Illa de Sarón (13 km), animación infantil con globoflexia e pintura de caras e exhibición do Equipo de BMX. Haberá trofeos para o ciclista máis novo, o máis veterano e á bici máis orixinal. Tamén se sorteará unha bici e material deportivo entre outros agasallos. Os interesados poden inscribirse ata 15 minutos antes da saída contactando coa organización.
Día da Bici en Xove
Día da Bici en Xove
Relacionado
-
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na inauguración da XV edición do Encontro de Palilleiras de Burela que se celebrou este sábado
-
César Díaz Colmenares celebrou este venres o seu 103 aniversario en Carballido, Alfoz
-
A XI edición da Xuntanza de Coches Clásicos de Mondoñedo celebrarase o sábado, 21 de xuño