O enunciado confundiunos e pensamos que se refería a toda a poboación, sen excepción, porque, ¿qué persoa non ten idade?. O Plan estabreceuse polas NN.UU.como Acción Internacional sobre o Envellecemento, en Asamblea Mundial celebrada en Viena en 1982. Fálase, pois, das persoas que chegan á vellez; e o alto organismo define así ás de mais de 65 anos. Ata o s. XIX, acadar isa idade era un privilexio: a esperanza media de vida non superaba os 50 . A ampliación do ciclo vital débese á mellora da calidade de vida e ós avances da medicina. É certo que nesta situación (na que se deixa de producir e sen dúbida empeora a saúde), a sociedade debe emplear mais recursos económicos e humanos na súa atención; é iste un principio universal. Pero, aínda tratándose dun proceso normal, pois débese a razóns biolóxicas, a vellez é algo que non se acepta coa naturalidade e a consideración desexables; e decimos isto porque mesmo as institucións recurren a expresións artificiosas para referirse a un colectivo ben definido: a vellez que, neste caso preténdese enmascarar co absurdo eufemismo de “persoas de idade”. No noso contorno está consolidada outra forma aldraxante: é iso da “ Terceira Idade”Ó longo do periplo vital fumos neno, adolescente, xove, adulto…e agora, vello. Endexamais alguen nos dixera antes que estabamos na primeira ou na segunda idade e de súpeto aparecemos na “terceira”, termo de connotacións cualitativas pexorativas: se mentamos o “terceiro mundo” falamos de pobreza e analfabetismo; se mercamos billete de “terceira” para o tren viaxamos no vagón menos confortable e se na carnicería nos dan “terceira” levamos ósos, graxa e pelexos….Somos, por razóns obvias, conscentes das limitacións, ás veces dramáticas, da vellez; pero non por idade ou estado físico/mental, a persoa é ”de terceira”: os valores humanos e a dignidade do individuo transcenden ás eventualidades…Chamemos ás cousas polo seu nome: superados ós 65 anos somos, simplemente, vellos.
Suso Fernández


















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



