Primeiro derbi galego da tempada para o Burela Pescados Rubén que recibe ao Cidade As Burgas, en partido correspondente á terceira xornada da Primeira División. Vista Alegre será o escenario do derbi que se disputa o sábado 27 a partir das 18.30 horas. Ambos conxuntos chegan a este encontro con tres puntos no seu casillero e prometen un duelo de alta intensidade.
O Burela Pescados Rubén afronta o derbi en plena recuperación de efectivos e de sensacións. Na xornada anterior, Jozi e Peque regresaron á pista ante o Universidade de Alacante, encontro no que o conxunto de Quico Otero amosou a súa mellaría cunha merecida vitoria ante as alicantinas. Quico Otero declarou sobre o derbi que “será un partido complicado xa que o Cidade é un conxunto que compite moi ben e virá con confianza xa que ante o Atlético de Madrid demostraron que poden competir con garantías ante os grandes” e destacou das ourensás “a súa faceta defensiva e saídas ao contragolpe con xogadoras como Vanessa e Iria, debemos ter especial coidado coas perdas de balón xa que teñen calidade para armar rápidamente o contragolpe e velocidade para executalo”. Do seu equipo indicou que afronta o partido “coa confianza da vitoria ante o Alacante, foron tres puntos moi importantes que nos permitirán seguir crecendo. Ante o Cidade esperamos un partido de características similares aínda que as ourensás son máis directas no seu xogo. Non podemos realizar concesións nin deixarnos sorprender como sucedeu ante o Alacante, é importante ter a iniciativa no marcador”.
O Cidade As Burgas chega ao feudo laranxa cunha escuadra que mantén a súa columna vertebral da tempada anterior formada por xogadoras con experiencia como Sonia, Figo, Peke, Vane… e novas promesas como Candela e María Romero. Ademais esta tempada lograron un reforzo de luxo coa incorporación de Lucía Nespereira, ex xogadora do Burela Pescados Rubén (2009-2013). A xogadora internacional sumará experiencia, calidade e carácter competitivo á escuadra dirixida por Manolo Codeso que xa puxo en serios aprietos ao campión, Atlético de Madrid, na pasada xornada.
Copa Galicia
O conxunto burelés logrou a súa clasificación para a seguinte fase da Copa Galicia ao quedar primeiro do seu grupo tralo resultado entre Valdetires FSF (5) A Fervenza FSF (0)
Burela Pescados Rubén: 1. Jozi 3. Cristina, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Kiko, 14. Bea Mateos, 17. Maite, 18. Shiori, 19. Paula, 20. Tainã, 28. Sandra.
Baixas: 13.Patri.
*Fotografía: Marián García Mesa






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
