Derrota contundente do Burela Pescados Rubén ante o Cidade As Burgas que se levou os tres puntos de Vista Alegre tras impoñerse por 0-5 nun duelo no que as burelás nunca se atoparon a gusto. O choque comezou con ambos conxuntos tanteando ao rival, as ourensás esperaron na súa pista para deter o envite inicial das laranxas que non lograban abrir a boa defensa visitante. Co paso dos minutos as de Manolo Codeso comezaron a subir a súa presión e nunha gran acción colectiva deixaron a Vane nun man a man con Jozi. A ourensá definiu con precisión e adiantou ao Cidade (0-1). O gol asentou aínda máis ao Cidade que se mostrou coas ideas claras en todo momento e activou ao Burela Pescados Rubén que tirou de todo os seus recursos para empatar o partido. Gozou de varias aproximacións e disparos afastados para igualar a contenda o conxunto burelao aínda que ao descanso chegouse co 0-1.
Ao pouco de iniciarse a segunda parte o Cidade As Burgas asestou dous golpes na liña de flotación laranxa. Primeiro Iria estableceu o 0-2, cazando un rexeite tras disparo de Lucía Nespereira, e acto seguido a meta Ana sorprendeu marcando desde a súa portería situando un 0-3 que o Burela Pescados Rubén non foi capaz de remontar. O Cidade mostrou seguridade no seu xogo ante un conxunto local que o intentou pero non tiña o seu mellor día. O 0-4 conseguido por Vane propiciou a aposta de cinco de Quico Otero, buscando cambiar a dinámica do partido a oito do final. As visitantes defenderon con rigor e aproveitaron para redondear a súa vitoria cun golazo de Iria (0-5). A xogadora ourensá deixou o seu selo de calidade cun espectacular golpeo case desde o seu propio córner, mentres o Burela realizaba o cambio entre Shiori e Jozi que regresaba á portería.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Jozi, Gaby, Bea Mateos, Peque, Maite –cinco inicial- Shiori, Claudia, Lara, Tainã, Kiko.
Cidade As Burgas: Ana, Peke, Iria, Lucía Nespereira, Vane –cinco inicial- Sonia, Candela, María Arias.
Goles: 0-1, m.9, Vane; 0-2, m.21, Iria; 0-3, m.22, Ana; 0-4, m.32, Vane; 0-5, m.34, Iria.
Árbitros: Menéndez Nistal, Coello Martínez. Colegio gallego. Tarjeta amarilla a Kiko y Bea Mateos del Burela.
Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada da Primeira División RFEF. Pavillón Vista Alegre de Burela: 500 espectadores.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
