O Concello de Xove, a través da súa Concellería de Deportes, pon en marcha unha nova tempada de bolos. O sábado 4 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXVIª, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 16 será a décimo quinta temporada e a sexta da Liga Feminina.
Para ir preparando esta nova edición dun dos torneos de deporte popular máis antigos de Galicia, estes días desenvolvéronse unhas xornadas de promoción dos bolos para tódolos alumnos/as do IES Illa de Sarón.
A competición prevista para este ano vai ser moi similar á da pasada temporada, xa que non se modificou ningunha norma. O sistema de puntuación, clasificación, etc. é o mesmo da pasada edición.
O calendario para esta XXVIª edición é o seguinte:
2014
SÁBADO, 4 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.
SABADO, 11 DE OUTUBRO.- CLUB DE PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
SÁBADO, 18 DE OUTUBRO- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS EN MONTE.
SÁBADO, 25 DE OUTUBRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FUTBOL DE XOVE.
SÁBADO, 1 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
SÁBADO, 8 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
SÁBADO, 15 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ EN PORTOCELO.
SÁBADO, 22 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
SÁBADO, 29 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS.
SABADO, 13 DE DECEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO
2015
SÁBADO, 10 DE XANEIRO.- CLUB DE PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
SÁBADO, 17 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS-MONTE
SÁBADO, 24 DE XANEIRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE.
SÁBADO, 31 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
SÁBADO, 7 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
Sábado 14 de marzo: Sábado de Antroido
SÁBADO, 21 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ.
SÁBADO, 28 DE FEBREIRO .- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
SÁBADO, 7 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS. REMATE DA XXVIª TIRADA DE BOLOS (XVª TIRADA SUB 16 E VIª TIRADA SENIOR FEMININA) COA ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
