O Día da Policía celébrase este xoves en Viveiro, incluíndo no seu programa a Santa Mi-sa na Igrexa Parroquial de San Francisco e un viño español no restaurante Louzao.
O equipo de goberno local escusa a súa presenza neste acto. “Decidimos non estar presentes nesa misa oficial nin no acto posterior por un feito concreto no que consideramos que non se actuou ben. Hai quince días, o Xefe da Comisaría do Corpo Nacional de Policía púxose en contacto coa Alcaldesa para explicarlle que, nos actos programados para o Día da Policía, ía realizarse un recoñecemento persoal a Melchor Roel Rivas, indicando, ademais, que ese recoñecemento xa se lle quixera entregar en 2013 e que fora o propio Melchor quen preferira que se lle entregara ó Concello como institución. Así mesmo, seguindo indicacións do máximo representante da Policía, transmitíuselle á familia de Melchor esa intención. Unha semana despois, dende a Policía comunicóuselle á Alcaldesa que nos actos do día de hoxe, xunto a ese recoñecemento a Melchor, tamén se ía facer un recoñecemento a César Aja Mariño, ambos no mesmo día e no mesmo acto”.
“Este equipo de goberno non vai avaliar nin decidir se César Aja Mariño é merecedor dese recoñecemento, pero cremos que nun mesmo acto, conxuntamente, non ten cabida. César Aja Mariño abandonou o cargo, porque as urnas así o quixeron, en 2003 e Melchor faleceu en decembro de 2013 ostentando a Alcaldía do Concello de Viveiro. Consideramos, ademais, que non procede recoller ese recoñecemento xunto a unha persoa que o insultou e denunciou cando estaba vivo e que segue sen respectalo cando xa está falecido, como pode comprobarse na prensa local de días pasados”.
A alcaldesa aclara que “Queremos deixar claro que non entramos a valorar as decisións da Policía sobre a quen lle entrega os seus recoñecementos, indicando unicamente que este ano non acudiremos a esta celebración que, inicialmente, se plantexou doutro modo. Con todo, como somos conscientes de que este equipo de goberno representante institucionalmente ó pobo de Viveiro, decidimos que na parte oficial do programa previsto, nos actos relixiosos, o Concello de Viveiro estea representado por un membro deste equipo de goberno”.
“Sirvan estas explicacións para xustificar a nosa ausencia nestes actos, aclarando que todo isto non afectará ás nosas relacións coa Policía, nin cos seus representantes nin con ningún dos seus membros, continuando unhas relacións baseadas na cordialidade e na colaboración mutua”, conclúe.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



