Tal e como avanzou o Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, a Xunta de Goberno este venres aprobou a devolución da parte proporcional da paga extra do 2012, que a máxima cantidade que se pode abonar segundo a Lei, a todos os traballadores da Deputación de Lugo. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou que son 220.000 euros que se ingresarán coa nómina do mes de outubro.
A parte proporcional é a correspondente a 44 días, os que van do 1 de xuño ao 14 de xullo de 2012, “data de entrada en vigor do Decreto co que o Goberno Central do Partido Popular suprimiu este dereito laboral a todos os empregados públicos”, subliñou Martínez.
O voceiro anunciou que nos vindeiros días terá lugar a reunión cos representantes sindicais para poder abonar o 75% restante no mes de xaneiro. “O noso obxectivo é conseguir que a principios do 2015, os 487 traballadores da Deputación de Lugo, isto é, todo o persoal funcionario e laboral, teña recuperado a totalidade da paga extra de decembro do 2012”.
Goberno Intelixente
A sesión acordou a contratación dun proxecto pionerio entres as Deputacións de Galicia para aumentar a transparencia do organismo provincial e dos Concellos lugueses que dexesen adherirse. Trátase do Goberno Intelixente, que conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros, financiados nun 80% por fondos europeos do Innova-TE. Permitirá a creación dun portal dixital que recollerá a seguinte información:
– a institucional básica: cargos electos e o seu patrimonio, competencias, normativa e lexislación ou actividade dos plenos, etc.
– a de tipo contable, orzamentaria e financeira: orzamentos e grao de execución, tempo medio de pago a proveedores, subvención, bolsas e axudas, ordenanzas fiscais, etc.
– a relativa a contratación: concursos públicos, resolucións, lexislación ou convenios.
– a relativa a urbanismo e ordenación do territorio: plans urbanísticos, información xeográfica, enquisa de infraestruturas, etc.
“A de Lugo será a 1ª Deputación galega que conte cun portal dixital para que os veciños, empresas ou outras administracións vexan dun xeito rápido e sinxelo toda a información sobre esta institución. Ademais, poñémolo a disposición dos Concellos lugueses. Este é un paso máis na aposta deste Goberno Provincial pola transparencia, cando xa fixemos que a de Lugo sexa a 6ª Deputación de España máis transparente, segundo o estudo da Organización Transparencia Internacional”, destacou Martínez.
Centro de Recría
A Xunta de Goberno aprobou a contratación de novos traballos no centro de recría por valor de 150.000 euros. Trátase da recuperación de 2 naves que xa existían e que se adaptarán para que teñan as mesmas características que as 13 naves de nova construción. O centro contará deste xeito con 15 naves para recriar 3.000 cabezas de gando vacún. Con este mesmo presupostos, instalaranse 15 silos para o almacenaxe de penso.
Valoración arquivo causa
Martínez valorou o arquivo da peza separada da Operación Rey e destacou que “é unha boa noticia para a Deputación de Lugo e para as tres persoas afectadas. Sempre confiamos e defendemos a súa inocencia, posto que actuaron baixo a legalidade. Pero tiveron que pasar cinco anos para desmostralo polo que é necesario reinvidicar unha maior axilidade na xustiza, posto que defendemos que unha xustiza máis áxil é máis xusta”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



