Foz, 4 de outubro de 2014. Un total de 76 locais comerciais e hostaleiros participan na campaña para darlle a benvida ao Centro Comercial Aberto de Foz o vindeiro 10 de outubro. Na mesma vanse sortear 1.500 euros en vales de compra para gastar neses mesmos establecementos ao longo das próximas semanas.
ACIA Foz lembra que “todas aquelas persoas que realicen as súas compras ou consuman o 10 de outubro nos establecementos que se dan cita na campaña poderán cambiar os seus tíckets por boletos para entrar no sorteo directo e presencial de 1.500 euros, repartidos en 20 vales de compra de 50 euros e outros 5 de 100 euros”. O sorteo terá lugar a partir das 20:45 horas na carpa instalada na rúa Álvaro Cunqueiro, nas inmediacións do Concello. Os clientes poderán dirixirse ás azafatas situadas nesta carpa ata as 20:30 horas para cambiar os seus tíckets por boletos antes de que comece o sorteo.
Os locais comerciais que participan na campaña son 50: Hola Ola, Galerías Ginzo, 100 P’S Zapatería y Complementos, 5 Lobiños Moda Infantil, Don Zapato, Ginzo Hombre y Mujer, Centro Dietético Alba Vila, Parafarmacia Foz, Longarela, Zapatería Chinela, Catorce Cero Catro Shop, María Docampo, Amarena, Ferretería Fuente, Kukadas, Electricidad Núñez, Alain Afflelou Óptico Foz, Librería Bahía, Electrodomésticos Celso, Carnicería Mercedes, Vas’s, Viajes Rodríguez, Kaos, Ofifoz, La Flor Abulense, Dalintonia, PI-R, Arrullos, Infotec Mariña S.L., Calzados Pirde, Lencería Esther, Librería Rapadoira, Farmacia Fátima Saa Quintas, Saint Tropez, Litopiel, Cenor Belianorte, Joyería Iria Rodríguez, Floristería La Gardenia, Xanela, Peluquería Cortenovo, Mylfruit, Centro Óptico Eliseo, Decoraciones Pura, Salai Campo S.L., Mapfre, A Y N Moda Íntima, Ana Fabeiro, Home Secret e OZ.O Lugar para os teus pequenos.
E os establecementos hostaleiros son 26: Cafetería May-Ros, Confitería Xoyma, Cafetería Dandy, Pastelería Anduriña, Pizzería Xoiña, Muelle Bar, A Funcional, Restaurante O lar, Café Bar Náutico, A Rula, O Chícaro, Cervecería Regata, A Bolera, Costumes do Mar, Casa Damián, Marexada, Tangarte Mariñeiro, A Eskina, Cervecería Fina, Cervecería Portovello, Bar O 78, O Tangarte, Namarinos, Cervecería Malaje, Fraggle Rock e Hostal Norte.
Ademáis o 10 de outubro, organizada tamén pola Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos terá lugar a festa da tortilla en preto dunha treintena de bares, mesóns e restaurantes da localidade.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



