Mujeres en Igualdad Burela acudiu os días 2 e 3 de outubro ás Xornadas de Igualdade e prevención de violencia de xénero, que tiveron lugar en Ames, onde ademais de poder escoitar a outros relatores tiveron a sorte de poder compartir estas xornadas con Pedro Aguado, presentador do programa televisivo de Cuatro “Hermano Mayor”.
A presidenta destaca desta asociación “a capacidade de Pedro Aguado de conectar coa mocidade que nesta ocasión enchía a sala, que nin sequera pestañeaban para non perderse nada do que lles explicaba”. O compromiso da xente nova para a non violencia, do mesmo xeito que a educación en Igualdade desde a infancia, ha de ser un dos maiores obxectivos desta sociedade para a eliminación de todo tipo de violencias”, apunta Mary Fraga, Técnico Superior en Prevencion de Violencia de Xénero e cun Master Europeo de Axente de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres.
Mary Fraga, Presidenta de Mujeres en Igualdad Burela, sinalou “a importancia de asistir a este tipo de eventos formativos coa finalidade, de adquirir coñecementos e estar ao día tanto en cuestión de normativa como de novos avances en materia de loita contra a violencia de xénero”.
Segundo Seminario contra a violencia de xénero en Burela
Tamén avanzou ademais que Mujeres en Igualdad Burela organizará o seu Segundo Seminario Contra a Violencia de Xénero en Burela, o próximo 24 de novembro, para así conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero.
Neste Seminario, ademais das relatoras que xa foron invitadas na pasada edición, acudirá a senadora e Secretaria Xeral de Mujeres en Igualdad, Carmen Funez.
Para Mary Fraga “é primordial o intercambio de comunicación entre as persoas profesionais que traballan día a día en temas de violencia de xénero, xa que para conseguir a erradicación da violencia de xénero, é necesario o traballo de xeito conxunto de Administración, Centros de Información á Muller, Concellos, Asociacións, Corpos do Estado… debidamente coordinados, unindo esforzos, para así algún día poder terminar con esta lacra social”.
CRI
Mary Fraga, que fai pouco foi invitada a coñecer o Centro de Recuperacion Integral (CRI), en Santiago de Compostela, destacou sobre todas as finalidades deste centro “que sexa un punto de coordinación de todos os recursos dispoñibles, co que se consegue, unha maior prontitude para dar resposta e solución ás vítimas de violencia de xénero, en canto a aloxamentos de urxencia, simplicidade administrativa, resolucións para a protección, formación e terapias de recuperacion tanto para as mulleres vítimas de violencia de xénero, como para os seus fillos menores a cargo”.
Vivenda de urxencia para vítimas de violencia de xénero en Burela
Mujeres en Igualdad Burela xunto co Concello de Burela, presentaron o pasado mes á Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, un proxecto para unha vivenda de urxencia para vítimas de violencia de xénero en Burela, dobremente necesaria xa que non soamente esta vivenda sería a única destas características en Burela, senón que sería a única existente en toda a Mariña Lucense”. Tanto Mujeres en Igualdad Burela coma o Concello, que xa puxo a disposición unha vivenda rehabilitada na antiga casa dos mestres deste municipio, están “esperanzados en que a Xunta de Galicia poida colaborar na posta en marcha desta vivenda tan necesaria, que necesita de financiamento para poder habilitar o seu interior con mobles e enseres para poñela en funcionamento”.
Mary Fraga quere destacar “o compromiso, implicación e colaboracion do Concello de Burela, especialmente do seu alcalde José González Barcia, na prevención e a loita contra a violencia de xénero”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



