A MARIÑA, 6 DE OUTUBRO DE 2014.- O PSOE de A Mariña cualifica a visita da conselleira de Sanidade este luns ao Hospital da Costa de “electoralista e de interesosa”, pois “pensamos, aclara a coordinadora comarcal –Mayra García-, que se trata dunha tomadura de pelo que, unha vez máis, alguén da Xunta veña a Burela para dicirnos que van facer a ampliación sen dicirnos cando van comezar as obras”. Por este motivo, consideran que “o único que persegue o Goberno galego é recoller un puñado de votos á costa de seguir enganando non só a todos os mariñanos, senón tamén a todos os profesionais que prestan o seu servizo neste centro”.
Boa proba delo, subliña García, é que tan só oito meses antes das eleccións se adxudicase a redacción do Plan Director para a ampliación do centro. “É lamentable que o Partido Popular use a Sanidade co único afán de sacar réditos políticos e non de mellorar a calidade do servizo á cidadanía. O seu é facer campaña publicitaria, agochando as realidades que viven todos os usuarios”, afirma.
Por este motivo, tal e como xa dixeron anteriormente, a postura dos socialistas é moi clara. “Nós nos opoñemos que dea luz verde ao Plan Director e se amplíe o Hospital, pero o que si denunciamos é que se non ningunee deste xeito. Este é o Sr. Feijóo, o presidente que presume de ser un bo xestor…? Xestionar significar cumprir o que se di en tempo e prazo, xestionar non é como nos ten acostumados este presidente, que di o mesmo cantas veces o considera oportuno en función dos intereses partidistas. Esta Xunta de Galicia é decepcionante. Volve vir á Mariña para vendernos fume e para facer anuncios. O que teñen que facer é vir cando as obras prometidas estean rematadas”, destaca García.
Sen partida nos Orzamentos, non hai compromiso
Para o PSOE da Mariña o compromiso co Hospital da Costa demostrarase cando nos orzamentos da Xunta consignen unha partida para facer as obras e ampliar o Hospital; “partida que, polo que vimos esta mañá, a Sra. Conselleira aínda non foi quen de precisar. Por iso, mentras esta non exista, cremos que do que presumen son de meros parches e reformas necesarias para manter o noso Hospital, porque simplemente, son servizos que lle corresponde pola súa categoría e pola población da comarca”. Un bo exemplo, cita a coordinadora comarcal, “é a implantación da triaxe, que se fai na inmensa maioría dos hospitais con carga de traballo en urxencias. A sala de quimioterapia, necesaria sí, pero o que necesitamos é o servizo, profesionais, oncólogos e aumentar prazas de enfermería e auxiliares. En HADO, outro tanto do mesmo, pois nada sabemos da segunda unidade. Descoñecemos se soamente vai contar cun médico e dúas enfermeiras como ata agora. Pero como de costume, non se apuran ata que s elección sestean máis próximas, porque polo único que se moven é polos intereses partidistas e non polos intereses dos cidadáns”, reitera.
A Sanidade non se mide por cifras
A este respecto, e dada a falla de previsión que demostrou hoxe o Goberno galego, o PSOE mariñano considera que “aos do Partido Popular se lles tiñan que saltar as cores, xa que, nos últimos días, deputados e alcaldes da comarca se gababan do investimento que está a realizar a administración autonómica nesta comarca e, agora, resulta que é a propia Xunta a que os deixa vendidos”.
Por iso, defende a socialista, que nin a Sanidade, nin a Educación, nin calquera servicio social se debe medir por cifras ou por números, senón pola calidade dos servicios prestados. Todo o contrario, din, do que está a facer a administración autonómica, pois foi ela a encargada de que se aprobara o Decreto 55/2013 polo que se regulan as áreas de Xestión Integrada; un Decreto “co cal asistimos ao desmantelamento do Hospital, xa que pasa de ser autónomo a depender do Hospital de Lugo, polo tanto unha decisión exclusivamente política, á cal, os socialistas da Mariña sempre nos manifestamos en contra”.
Por todo elo, indica que o Partido Popular emprega a Sanidade pública “para facer campaña publicitaria a costa de enganos e anuncios incumpridos, unha e outra vez”. Engadido a isto, un problema non menos importante, subliñan, é que tampouco se cubren as prazas dos especialistas que se marcharon en concurso de traslados ou dos xubilados forzosamente. Nesta comarca, rexístranse casos de supresións de médicos en Xove, Riotorto, Cervo, Ribadeo. Non se cubren as baixas de pediatras en Viveiro e en Mondoñedo.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



